Skip to Content

CALENDARIO DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS PARA BACHARELATO E FPB

 As probas extraordinarias de bacharelato e FPB terán lugar os días 19, 20 e 21 de xuñoAquí tedes o enlace para ver o calendario.

Nunha columna aparece a materia e noutra a aula.

AVISO PARA O ALUMNADO DE 1º de BACHARELATO e de 1º de FPB: ENTREGA DAS NOTAS

As cualificacións da avaliación ordinaria se publicarán en Abalar o mércores 7 de xuño sobre as 20:00 horas.

As notas se entregarán o xoves 8 de xuño ás 8:30 da mañá.

As reclamacións serán os días 8 e 9 de xuño.

Actuación do grupo de teatro TIXUCA no Teatro Jofre.

   O xoves  25 de maio o grupo de teatro Tixuca sorprendeunos cunha fantástica actuación no Teatro Jofre:

O Pauto

   A actuación formaba parte do ciclo Teatro con G organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

   Ademais, o alumnado de 4º da ESO e de 1º de bacharelato tivo a aportunidade de gozar da actuación dos seus compañeiros. E ainda que non conseguiron o "bis" tan desexado, conseguiron unha foto cos artistas.

  

 NORABOA TIXUCA E MOITAS GRAZAS A PIM!

   Un traballo estupendo!

Obradoiro de hostalería do CIFP Fraga do Eume

   O pasado mércores 24 de  maio o alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de coñecer o traballo que realiza o alumnado do CIFP Fraga do Eume na especialidade de hostalería. 

   En particular, probaron varios cócteles sin alcolhol que lles gustaron tanto que xa teñen apuntados os ingredentes para a seguinte festa.

   Moitas grazas a Gerardo,profesor de Servizos, xa que moitos alumnos descubriron unha profesión moi apetecible para eles.

Aquí temos algunha imaxe mais.

TALLER DE MAQUILLAXE POLO LABORATORIO PIERRE FABRE

O alumnado de 1º CM e 1º CS Estética participou no taller de maquillaxe corrector instruído polo Laboratorio Pierre Fabre.

Na imaxe vemos o resultado da aplicación da maquillaxe, como se pode apreciar, se buscaba un resultado natural e disimular as sutís imperfeccións da pel.

Damos a noraboa ao alumnado polo bo traballo feito!

GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

   O pasado venres 19 de maio, despedimos ao alumnnado de 2º de bacharelato. Despois de sous anos de esforzo, os graduados conseguiron o seu obxectivo. Noraboa!

  O acto de graduación comezou cunha fantástica interpretación do coro do instituto, continou coa intervención do alumnado de 2º de bacharelato e con varias das súas actuacións.

   A continuación compartiron co profesorado e familias  unha merenda e finalmente ..... acudiron á desexada cea de graduación. 

  Esperamos que o noso alumnado graduado teña moitísima sorte e lles enviamos toda a forza necesaria para este derradeira proba antes de comezar os seus estudos superiores.

Podedes ver imaxes do acontecido:

Imaxes1   Imaxes2   Imaxes3   Imaxes4   Imaxes5

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

   Para amenizar o Día das Letras Galegas, tivemos actuación nos recreos de Rosalía, Iker e Anxo tocando música tradicional galega.

Moitas grazas rapaces!...os artistas nunca defraudan.

AVISO PARA O ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

Entrega de notas: martes 16 de maio ás 12:10

Prazo de reclamacións ás cualificacións: dende o xoves 18 de maio ata o venres 19 de maio (ata as 12:30).

PARTICIPAMOS EN GALICIENCIA-OURENSE

 Este ano participamos en Galiciencia, a maior feira científica e de proxectos de Galicia, en Ourense. O alumno Santiago Losa de 3º da ESO levou o proxecto "Aproximación al análisis del impacto del lago de As Pontes en el clima local" que explicou en profundidade a todos os participantes durante os tres días que durou a feira.

Grazas Santiago, moi bo traballo!

  Ademais, o alumnado da ESO visitou as instalacións e gozou dos proxectos de diferentes centros educativos.

 Podedes ver algunha das actividades nos enlaces:

       Imaxes1    Imaxes2

Distribuir contenido


by Dr. Radut