Departamentos

Departamentos didácticos e Departamento de Orientación

No I.E.S. Ricardo Carballo Calero hai dezanove departamentos didácticos e un Departamento de Orientación, cada un dos cales ten o seu espazo neste apartado para presentarse e comunicar a información que considere máis pertinente. Durante o curso 2007-08 estamos a poñer en funcionamento unha plataforma moodle (chamada AULA VIRTUAL na cabeceira da páxina web) que nos permita colgar apuntamentos, exercicios e outros materiais didácticos, e na que tamén están representados todos os departamentos do centro.

O departamento de IMAXE PERSOAL, dado o seu gran tamaño por acoller catro ciclos (dous de grao medio, un superior e un de FP Básica), ten un apartado propio, que ademais inclúe información sobre a formación en centros de traballo e unha bolsa de emprego.

( categories: )
Distribuir contido