Instalacións

O instituto por dentro

O edificio do IES Ricardo Carballo Calero está formado por tres bloques simétricos coa entrada principal no bloque central. Todo o edificio está cableado para conexión a internet de alta velocidade e conta cunha rede wifi aberta na zona de biblioteca e cafetería. As súas instalacións inclúen: biblioteca, aulas abalar, aulas de grupo equipadas con canón e encerados dixitais, aulas de informática, aula TIC , aulas de audiovisuais, laboratorio de idiomas, laboratorios independentes de física, química e ciencias naturais, aula de tecnoloxía, aula de plástica, aula de música, aula de teatro, talleres de perrucaría e estética totalmente equipados, ximnasio con calefacción, pista polideportiva, amplos espazos verdes, cafetería e ascensores.

A partir desta foto do vestíbulo pódese dar unha volta polas nosas instalacións.

Vestíbulo  

VER  PLANOS                                                                                

PATIO e BAIXO

ANDARES 1ª e 2ª

   
   
( categories: )
Distribuir contido