Música

Programación curso 18-19

No arquivo adxunto podedes consultar a programación do departamento  para o curso 18-19

( categories: )

Por que hai música en ESO e Bacharelato?

 

Imaxínaste un mundo sen música?... A música non só está presente desde que soa o radioespertador ou ata que nos quedamos durmidos coas nosas cancións favoritas, senón que preside todos os actos importantes da nosa vida. É a banda sonora que nos acompaña a todas partes. Se ben calquera pode "gozar" da música a un nivel rudimentario, como en todas as cousas da vida, o seu estudo pode afinar a percepción, elevar o seu nivel de apreciación, e chegar a distinguir ou apreciar matices que doutro modo pasarían desapercibidos.

 
 
Musa música

En educación crese que hai cinco campos básicos de estudo: matemáticas, linguaxe e literatura, ciencias físicas, estudos sociais e artes. Ninguén que non teña un coñecemento razoable de estes cinco campos, pode afirmar que posúe educación. Entón, no tocante á música, cada persoa debería ter a habilidade para executar, para crear e escoitar música con discernimento. É dicir: non ser un suxeito pasivo que se limita a "consumir" o que soa a cada momento, senón saber escoitar.

 
 

Por outro lado, falamos dunha disciplina que desde a antiga Grecia se considerou que presidía o Pensamento en todas as súas formas: elocuencia, persuasión, sabedoría, Historia, Matemáticas e Astronomía. E tiñan razón, a música é parte esencial e o mellor símbolo de toda cultura e como tal debería ser parte integral na educación básica de cada persoa.

En termos estrictos a música é a arte de combinar o son e o ritmo, o que quere dicir que está intimamente relacionada con todo o que nos rodea: desde os latexos do corazón que inspirou a banda sonora da película Carros de lume escrita por Vangelis ata a influencia do ruído na música punk.

Necesitamos música porque exalta o espírito humano e intensifica a calidade de vida. A música transforma a experiencia humana, trae alegría e pracer a homes, mulleres e nenos en cada sociedade e en cada cultura. Tráenos consolo nas nosas actividades cotiás, e é un atributo indispensable, tanto para a nosa felicidade como para as nosas ocasións máis solemnes. Representa un dos instintos máis básicos dos seres humanos. É por iso que a música xogou un rol tan importante en toda civilización coñecida; e é por iso mesmo que o seguirá facendo alá lonxe no futuro en tanto e canto calquera poida percibilo.

No noso instituto esta materia está aberta, trátase de que na aula todas as músicas estean presentes: jazz, rock, pop, clásica... todos os estilos, variantes, xéneros e épocas son válidos: son música, o reflexo dunha época e sociedades nun momento concreto da Historia. A misión última é chegar a ter unha mente aberta para poder escoitar e intentar apreciar o que nos é descoñecido, a única forma de ampliar os nosos gustos musicais.

Pasa e escoita...

 
     
( categories: )

Algunhas citas relacionadas coa música


La música es el territorio donde nada nos hace daño.

Andrés Calamaro, cantautor arxentino.


A música é a harmonía do ceo e da terra.

Yuel-Ji (s. II a.C.) Músico chino.


La música es el arte más directo, entra por el oído y va al corazón.

Magdalena Martínez (1963-), frautista española.


A música é para a alma o que a ximnasia para o corpo.

Platón (427-347 a.C.), filósofo grego.


A música é a linguaxe que me permite comunicarme co alén.

Robert Schumann (1810-1856), compositor alemán.


En verdade, se non fose pola música, habería máis razóns para volverse tolo.

Piotr Ilich Tchaikovski (1840-1893), compositor ruso.


Sen música a vida sería un erro.

Friedrich Nietzsche (1844-1900), filósofo alemán.


A música comeza onde acaba a linguaxe.

E.T.A. Hoffmann (1776-1822), escritor e compositor alemán


A música é a única arte que permite escaparse por completo da vida. É a expresión mesma da fantasía.

Emile Faguet (1847-1916), escritor francés


Estoi seguro de que a boa música a vida alonga.

Yehudi Menuhin, violinista e director de orquestra estadounidense.


Quero facer unha música tan perfecta que se filtre a través do tempo e sexa capaz de curar calquera enfermidade.

Jimi Hendrix (1942-1970), cantante e guitarrista estadounidense.


Os músicos non se retiran; paran cando non hai máis música no seu interior.

Louis Armstrong (1900-1971), músico estadounidense.


La música no se hace, ni debe hacerse jamás, para que se comprenda, sino para que se sienta.

Manuel de Falla (1876-1946), compositor español


A arte da música é a que máis cerca se acha das lágrimas e os recordos.

Oscar Wilde (1854-1900), escritor irlandés


A música é o vapor da arte. É á poesía como o soño ao pensamento, como o fluído ao líquido, como o océano das nubes é ao océano das ondas. É o indefinido do infinito.

Victor Hugo (1802-1885), escritor francés


A música ten unha gran importancia para acalar a violencia. É unha paréntese de paz dentro da axitación dos nosos días.

Zubin Mehta (1936-), director de orquestra indio.

( categories: )
Distribuir contido