Skip to Content

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Esta mañá festexamos o día de Rosalía. Por unha parte tivemos unhas fantásticas rosas realizadas polo alumnado da ESO as cales estaban cargadas de moita literatura, por outra banda tivemos un fantástico rap coas letras de Rosalía interpretado polo alumnado de 2ºESO e coa colaboración dos artistas de 1ºBAC.

 Unha fantástica interpretación da obra da nosa Rosalía. Grazas rapaces e rapazas!

CONCERTO DO ALUMNADO E PROFESORADO DO CONSERVATORIO DE MÚSICA XAN VIAÑO

 O pasado martes 6 de febreiro o alumnado da ESO e de Bacharelato de Artes tivo a sorte de poder asistir no instituto a un concerto do alumnado e profesorado do Conservatorio de Música Xan Viaño. 

Algúns dos alumnos do conservatoiro son tamén alumnos do noso centro e como sempre, demostraron a calidade que teñen.

Un gran concerto! Grazas a todos os artistas que participaron e permitiron que o noso alumnado pasase unha fantástica tarde.

Aquí temos algunha imaxe más.

VISITA AO CIS PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 O 6 de febreiro o alumnado de 3ºESO acudíu ao CIS para comprobar xunto con outros centros a importancia do traballo das mulleres na ciencia. Un traballo divulgativo excelente por parte dos dous poñentes.

Ademáis o noso alumnado acudíu camiñando para confirmar a súa boa forma física e para seguir sumando puntos no programa "Alimántate ben, móvete e socializa"

Imaxes da mañá

EDUCAR EN XUSTIZA: VISITANDO OS XUZGADOS

  O alumnado de 1ºBAC comezou febreiro coa actividade "Educar en Xustiza" grazas a cal o noso alumnado tivo a oportunidade de estar presentes en varios xuizos reais e ademais interpretar un xuizo tomando os papeis de fiscais, xuiz, culpables, vitimas, testigos, avogados... Unha gran experiencia e unha fantástica aprendizaxe. Grazas ao personal dos Xuzgados de Ferrol do Penal 1 e Penal 2 polo seu bo humor e bo facer. Xa estamos esperando poder repetir!

Aquí podedes ver a noticia da nosa visita nos medios de comunicación e nos seguintes enlaces, temos mais imaxes:

Imaxes1     Imaxes2

VISITA AO CAMPUS UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

   Como cada ano, o departamento de Orientación organizou xunto coa USC a visita do noso alumnado de 1ºBAC á Universidade de Santiago de Compostela. Durante a mañá do xoves 1 de febreiro, acudiron ás diferentes visitas organizadas tanto ao Campus Norte como ao Campus Sur e por suposto, tiveron a oportunidade da súa primeira consumición na cafetería de Matemáticas.

CHARLAS SOBRE ALIMENTACIÓN IMPARTIDAS POLA PEDIATRA DO CENTRO DE SAÚDE

    A finais de xaneiro, a pediatra do noso centro de saúde, Ana Novo, acudíu como cada ano a axudar ao noso alumnado co tema da nutrición, concretamente coa nutrición na adolescencia. Ana impartíu charlas moi interesantes en 2ºFPB, 1ºESO e 2ºESO.

   É un luxo que a propia pediatra do noso alumnado siga guiándoo nesta nova etapa. Moitas grazas a Ana por estar sempre dispoñible e por axudarnos a facer entender aos nosos adolescentes a importancia dunha adecuada alimentación.

Charla: Grao en Xestión Cultural

  O alumnado de 1º de bacharelato de Artes acuidíu o pasado 25 de xaneiro a escoitar ao profesor da Facultade de Humanidades de Lugo, Gonzalo Fernández. 

  Tiveron a oportunidade de coñecer o Grao en Xestión Cultural dentro do Programa A Ponte da USC.

Charla: Aspectos legais da sexualidade

O pasado 23 de xaneiro o alumnado de 4ºESO tivo a oportunidade de coñecer os aspectos legais da sexualidade da man do profesor Xosé Ramos da falultade de dereito. Esta charla está dentro do programa de divulgación da UDC e foi organizada polo departamento de Orientación. A charla foi tan interesante que tivemos que ampliar o tempo da mesma para seguir aprendendo.

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Hoxe festexamos o día da Paz.

O alumnado da ESO creou numerosas pombas e corazón con mensaxes moi significativos.

Os recreos estiveron amenizados coa música característica do día.

 

  

Distribuir contenido


by Dr. Radut