Skip to Content

PRESENTACIÓN DE NOVAS CERAS

 O alumnado de 1ºFPB e 1ºCME tivo a aportunidade de asistir a unha charla informativa sobre as novidades e aplicacións da cera quente o pasado 16 de abril. Ademáis, posteriormente tiveron un obradoiro de masaxe onde puideron practicar os novos coñecementos.

VISITA A ASPACE

 

 O martes 16 de abril, o noso alumnado do Club de Ciencias e de 4ºESO e 1ºBAC de Bioloxía tivo unha experiencia que non olvidarán visitando o centro de ASPACE. Este alumnado colabora no proxecto de Talentos Inclusivos onde intentan axudar coas súas ideas e creacións a facilitar a vida dos usuarios de ASPACE.

Moitísimas grazas a todas as persoas de ASPACE que recibiron ao alumnado e que lles axudaron nesta visita, foi moi importante e enriquecedora para eles. 

A MOCIDADE COA LINGUA: A BANDA DA PONTE

O pasado 12 de abril tivo lugar no AudItorio de Ferrol a XXXI edición do Festival A Mociade coa Lingua.

Por suposto, e como cada ano, participamos co noso alumnado. Foi A Banda da Ponte a encargada de representarnos, e de realizar unha actuación impecable. Estes artistas contan xa no seu poder con varios premios e galardóns polas súas interpretacións.

Noraboa rapaces, como sempre, excelentes!

Ademáis, dada a importancia desde Festival a nivel educativo, o alumnado de bacharelato que non participou como artista, o fixo como público gozando dunha mañá musical inigualable.

 

FEIRA DAS MATEMÁTICAS:PALEXCO

O pasado sábado 6 de abril, participamos na Feira das Matemáticas que organiza AGAPEMA en Palexco, A Coruña.

Este ano, o noso alumnado propuxo a todos os participantes a construcción dun xardín matemático, e, tal e como podemos ver nas imaxes, a participación sobrepasou todas as expectativas.

 Case todos os asistentes á Feira pasaron polo posto do IES Ricardo Carvalho Calero (único centro educativo con stand da zona de Ferrolterra), e, moitos deles, repetiron, o que demostra, un ano máis, que o traballo matemático realizado por esta rapazada é excelente.

  Noraboa rapaces por contribuir a dar unha visión lúdica do mundo matemático!

A xornada deu para moitas imaxes, así que aquí tedes máis e...máis.

VIISTA AO MUSEO DO HUMOR-FENE

   O alumnado de 3ºESO e de 1ºBAC A acudíu o 10 de abril a visitar o Museo do Humor, en Fene.

Foi unha visita que sorprendeu gratamente ao noso alumnado e lles descubríu unha realidade que non coñecían.

Ademáis aproveitaron tamén para dar un gran paseo grazas ao tempo tan favorable.

EXURSIÓN VIGO-ILLAS CÍES

 O alumnado de 4º da  ESO continuou de vacacións despois de Semana Santa pois comezaron o trimestre do mellor xeito posible: unha saída de varios días para coñecer as Illas Cíes e a súa cidade. 

Aínda que o primeiro día o tempo non acompañou, comezaron a xornada cunha celebración de cumpreanos. Os días seguintes puideron realizar as actividades que tiñan programadas. Viaxaron ata as Cíes, realizaron unha ruta pola illa cunha guía moi dinámica e xogaron aprendendo sobre os habitantes da illa.

Tamén tiveron tempo para acudir ao MARCO (Museo de arte contemporáneo).

 E finalizaron a saída xogándose a vida nunha actividade arbórea onde finalmente puideron gozar dun churrasco nun lugar moi orixinal: un tipi.

Temos moitas fotos da xornada:

 Imaxes1     Imaxes2    Cíes1 

  Cíes2      Xogos1    Xogos2

MARCO   Marikiná1   Marikiná2 

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 Este 23 de abril, no día do libro, o equipo da biblioteca organizou un concurso no que todo o alumnado pode participar ata o martes 30 de abril.

Neste concurso, temos vinte textos que se corresponden co inicio de vinte libros.

Os participantes deben de averiguar cal é o título deses libros, completar a ficha cos seus datos e introducilos na urna.

Ollo! Algúns textos xa teñen a resposta no seu interior!

Animádevos a participar, entre os gañadores sortearanse tres fantásticos libros.

 E non olvidedes que nesta semana do libro, temos unha mesa coas recomendacións e novidades da biblioteca.

  «Lee y conducirás, no leas y serás conducido», Santa Teresa de Jesús

TRÍO TENUTO: GAÑADOR DO PRIMEIRO PREMIO A MÚSICA DE CÁMARA EN PORTUGAL

 O Trío Tenuto alzouse co primeiro premio na categoría de grupo de cámara na VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico celebrada o pasado fin de semana en Portugal.

 Noraboa aos tres integrantes, sen dúbida, un gran logro acadado. Especial mención para nós merece a pianista do grupo, Antía Iglesias Fariña, alumna de bacharelato do noso centro.

ESCAPE ROOM

    O alumnado de 4ºESO finalizou o segundo trimestre gozando do premio que acadaran no consurso do logo da biblioteca. O alumnado acudíu a dúas salas no Escape Room onde tiveron que esforzarse por ser admitidos nunha irmandade moi selecta e ademáis conseguir que os invasores doutros planetas non os aniquilasen. Un traballo excelente por parte deste alumnado que conseguíu saír ileso da actividade.

   Aquí temos algunha imaxe máis. 

Distribuir contenido


by Dr. Radut