O alumnado de 4º da ESO continuou de vacacións despois de Semana Santa pois comezaron o trimestre do mellor xeito posible: unha saída de varios días para coñecer as Illas Cíes e a súa cidade. Aínda que o primeiro día o tempo non acompañou, comezaron a xornada cunha celebración de cumpreanos. Os días seguintes puideron realizar as actividades que tiñan programadas. Viaxaron ata as Cíes, realizaron unha ruta pola illa cunha guía moi dinámica e xogaron aprendendo sobre os habitantes da illa. Tamén tiveron tempo para acudir ao MARCO (Museo de arte contemporáneo). |
|
E finalizaron a saída xogándose a vida nunha actividade arbórea onde finalmente puideron gozar dun churrasco nun lugar moi orixinal: un tipi. Temos moitas fotos da xornada: |