Skip to Content

PARTICIPAMOS NO PROGRAMA YAM

 Pincha aquí para máis información

RECITADO DE TIXUCA

   O pasado 26 de outubro o grupo de teatro Tixuca realizou un recitado organizado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística no centro cultural Carvalho Calero.

  E como xa é habitual, conquistaron ao público coa súa arte. Gran traballo rapaces!

INICIACIÓN AO SURF

  Comezando outubro, o departamento de Educación Física organizou unha actividade de iniciación ao surf  para o alumnado de 4ºESO e 1º BAC. 

Non tiveron que acudir moi lonxe para gozar dunhas condicións favorables nas praias da comarca.

 

OBRADOIRO DE ECONOMÍA SOCIAL

   O pasado 27 de setembro o alumnado de 2°CSE, 2°CME e 2°CMP, asistiu a un Obradoiro de Economía Social para F.P. onde lles falaron sobre formas xurídicas, características, vantaxes fiscais, subvencións, busca de financiamento, e diferentes alternativas para emprendedores.

   O obxectivo era dar a coñecer a Economía Social en xeral, e as Sociedades Cooperativas e Sociedades Laborais en particular, como ferramentas para un emprego de calidade.

ACTIVIDADE COLABORATIVA: CREANDO O MURAL

 A finais de setembro unha parte do alumnado de bacharelato participou na realización dun mural en colaboración co alumnado dos IES Concepción Arenal e Sofía Casanova.

  Este traballo é unha continuación do proxecto do curso anterior do equipo de Normalización Lingüística.

 Aquí podedes ver mais imaxes do traballo que este grupo de alumnos realizou durante a mañá.

19 OUTUBRO: DÍA DO CANCRO DE MAMA

O alumnado de micropigmentación realizou uns fantásticos bocetos de areolas para poder formar este gran lazo no mural exposto na entrada do noso centro. Conmemoramos así o día contra o cancro de mama.

XORNADAS DE ACOLLIDA PARA PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS

 O próximo xoves 5 de outubro teremos as xornadas de acollida para os pais/nais/titores legais do noso alumnado.

Terán lugar no salón de actos nos seguintes horarios:

  • ESO: Ás 16:30
  • FPB: Ás 17:00
  • Bacharelato: Ás 17:30

Nas xornadas trataremos temas de interese para todo o curso escolar. 

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2023-2024

 

As clases comezarán para todos os cursos o luns 11 de setembro ás 8:30

O alumnado da ESO acudirá ao salón de actos. O resto do alumnado acudirá a súa aula de referencia.

O alumnado de 1º de BAC terá dispoñible no taboleiro do centro unha lista para comprobar qué grupo ten asignado.

O alumnado debe traer material para este primeiro día (bolígrafo e folios ou caderno), a saída será ás 14:10.

AVISO:

Durante o mes de agosto teremos dúas vías de contacto:

  • Chamando ós teléfonos: 881938138 / 604050784 (de 10:00 a 13:00)
  • Enviando un correo a: ies.ricardo.carvalho.calero@edu.xunta.gal
Distribuir contenido


by Dr. Radut