Skip to Content

PARTICIPAMOS NA FIRST LEGO LEAGUE

O noso equipo C3-CLUB participa de novo na FLL este sábado 5 de marzo.

A situación sanitaria actual, non permite que o evento teña público, pero, podedes seguir ó noso equipo en directo no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/playlist?list=PLQuTOMi0otsfRqhtt2IOGL71ke67gY-8d

O proxecto  presentarémolo ás 11:40 na sala P6 e, competiremos co robot ás 10:35(mesa 1A), ás 11:15 (mesa 2B) e ás 13:00 (mesa 1B).

A entrega de premios será ás 13:45.

 

 

 

Visita do alumnado de Ciclos a "Cosmética Propidel" en Lugo.

O 7 de febreiro, o alumnado de segundo do ciclo medio de estética e de primeiro e segundo do ciclo superior de estética acudiu a unha visita ás instalacións de "Cosmética Propidel", en Lugo.

Alí, tanto alumnado como profesorado, tiveron acceso a novas técnicas para mellorar a súa formación.

Un equipo moi profesional. Moitas grazas.

Aquí podedes ver algunha foto máis.

Charla "Alimentación na adolescencia"

O martes 1 de febreiro o alumnado d 1º e 2º  da ESO asistíu a unha charla dentro do programa "Aliméntate ben" do Proxecta +.

A charla axudou ó alumnado a coñecer datos importantes sobre a alimentación na adolescencia. Seguro que resolveron as súas dúbidas.

Charla do Centro Superior de Hostelería de Galicia

 

O 26 de xaneiro, o alumnado de 1º de bacharelato tivo a oportunidade de escoitar unha interesante charla a cargo do Centro Superior de Hostelería de Galicia. 

Saída ós Museos Científicos de Coruña

O martes 11 de xaneiro, o alumado de 1º , 3º e 4º da ESO comezou o trimestre cunha saída.

Comezamos na "Casa de las Ciencias" e, ademáis de asistir a unha proxección no Planetario tivemos tempo para xogar e aprender con multitude de actividades.

(Máis fotos aquí)

A continuación, visitamos a "Domus", onde tamén experimentamos e comprobamos as nosas habilidades.

Podes ver máis fotos nos enlaces:

Fotos Domus        Fotos Domus

Aproveitamos o bo tempo para comer na praia, con gran responsabilidade por parte de todo o alumnado, cumprindo distancias e evitando contaxios.

E finalizamos a xornada cunha actividade no "Muncyt" que permitiunos coñecer as novidades do museo.

CALENDARIO DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2022

Para máis información, pinchar no bloque    situado na dereita da páxina.

SORTEO CESTA SAUDABLE ALIMÉNTATE BEN

No mes de decembro, a alumnado do centro demostrou o ben que se alimenta nas merendas do instituto. Entre todas as merendas saudables, dentro do programa "Aliméntate ben" de Proxecta +, sorteamos unha cesta saudable.

Aquí temos ós delegados testigos do sorteo

Noraboa a Ruth Feal, gañadora do concurso. Esperamos que disfrutes moito da túa cesta saudable.

Conmemoración do día da discapacidade

Durante os días 1 e 2 de decembro o alumnado da ESO tivo a oportunidade de coñecer ó Basketmi Ferrol e de aprender de primeira man o que é o baloncesto en cadeira de rodas.

 

  

Moitas grazas á asociación Aprende a Voar, un equipo incríble que nos deixou ensinanzas insquecibles.

Nos seguintes enlaces, teremos máis imaxes:

Día da discapacidade 1      Día da discapacidade 2     Día da discapacidade 3

 

VISITA Ó MUSEO DE HISTORIA NATURAL DA SGHN Ferrol

O martes 23 de novembro e o martes 30 de decembro,

o alumnado de 1º ESO, 3ºESO e 4º ESO acudíu de visita ó Museo de Historia Natural.

Un pequeno paseo que levou a grandes coñecementos na área de bioloxía.

         1ºESO         3ºESOA         3ºESOB       4ºESO

Semana da Ciencia

 Durante a semana do 15 ó 19 de novembro conmemoramos a Semana da Ciencia.
   

O alumnado tivo a oportunidade de participar

nos recreos nas actividades científicas dos seus

compañeiros.

Ademáis, puideron participar na 

primeira edición do concurso de maquetas

de células:

grandes traballos e difícil decisión para o xurado.                                         

      NORABOA RAPACES E RAPAZAS!

Podedes ver máis imaxes nos enlaces:

 https://www.instagram.com/p/CWtQYhMAqwR/

  https://www.instagram.com/p/CWtOuxVgQcY/

  https://www.instagram.com/p/CWtOoSAAdyC/

  https://www.instagram.com/p/CWtOilmg2UY/

 

 

  E a gañadora do concurso é:

 

ADRIANA LOUREIRO

 2º da ESO.

  Felicidades Adriana!! 

Entrega de premios

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut