Skip to Content

ENTROIDO e HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO 2022

Xanon queda nada!!! Anímate a participar no concurso de disfraces e postres o día 25 no Entroido 2022!!! 

As follas para inscribirse están fronte a Secretaría. Data límite para o concurso xoves no 1º recreo.

Participes nos concursos ou non non deixes de disfrazarte e participa!!!

CHARLA-COLOQUIO CON ANTONIO RIAL BOUBETA

Este pasado mércores 16 de Febreiro, tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza do Psicólogo, Doutor de Psiocolía Social e Profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago. Antonio Rial Boubeta. Especializado en estadística, análise de datos e metodoloxía das ciencias do comportamento. Nesta magnífica sesión desgranou a problemática que está a acontecer entre a mocidade do uso abusivo das tecnoloxías dixitais e os videoxogos e os perigos que se poden derivar. Recalcou a necesidade máis que nunca perentoria de exercer de pais, nais responsables limitando e exercendo control do uso das tecnoloxía dixital por parte d@s fill@s. A actividade está organizada polo CFR de Vimianzo.

RADIO BUSERANA - AVANCE

RESERVA PRAZA BACHARELATO PARA O CURSO 2022-2023

 

Máis información do proceso no seguinte Link

Anexos: 

ED550A 

 

AdxuntoTamaño
ANEXO-I-II_ED550A_RESERVA-1ºBAC-XERAL.pdf165.98 KB

REUNIÓN INFORMATIVA COAS FAMILIAS

O Equipo Directivo do IES Ramón Caamaño, convócavos a unha xuntanza informativa o vindeiro martes 1 de febreiro no Salón de Actos do centro.

O motivo desta reunión é tratar dous temas de gran importancia para a comunidade educativa:

·     As modificacións que introduce a nova lei educativa (LOMLOE) no calendario de fin de curso (a eliminación dos exames de setembro) e nos criterios de promoción e titulación.

·       

A proposta de reorganizar a xornada lectiva para pasar as dúas horas do martes pola tarde ao horario de mañá.

A reunión realizarase de xeito presencial para poder aclarar e/ou resolver as dúbidas que vos poidan xurdir. Por motivos derivados da COVID, o aforo estará limitado a 40 persoas por turno, polo que vos pedimos que acudades un só membro da familia.

Horario das reunións:

1.     

Familias de 1º e 2º ESO ás 16:30 horas

2.     

Familias de 3º e 4º ESO ás 18:00 horas

Se algunha familia non pode acudir na quenda que lle corresponde por motivos xustificados, chamade ao centro para intentar facer un cambio.

Igualmente, conectaremos en directo a través de videoconferencia para todos aqueles que queirades asistir á reunión desde a casa.

Se vos conectades desde un ordenador, utilizade o seguinte enlace: https://eduxunta.webex.com/meet/pilarmiron

Se vos conectades desde un móbil ou tableta necesitaredes descargar a aplicación WEBEX MEETINGS e conectarvos utilizando ese mesmo enlace: https://eduxunta.webex.com/meet/pilarmiron

CURSO FORMACIÓN NOVAS TECNOLOXÍAS

A Consellería de Educación concedeunos un curso de formación gratuíto destinado aos pais/nais sobre  as novas tecnoloxías. 

Desde o centro animámosvos a participar porque é un curso moi útil para axudar no proceso educativo dos vosos fillos, e tamén para actualizar os vosos coñecementos. 

  • A duración da formación será de 10 horas e comezará a mediados de febreiro. 
  • O curso impartiranse polas tardes no centro de xeito presencial, con aforo limitado a un máximo de 20 persoas e respectando as medidas de seguridade.
  • O profesor do mesmo vai ser Óscar, que xa nos acompañou o ano pasado.
  • As sesións  terán lugar os luns e mércores pola tarde en horario de 17:00 a 19:00 horas, e impartiranse na aula de informática do instituto. 
  • Podedes inscribirvos chamando ao teléfono 881880775.
  • A DATA LÍMITE de inscrición remata o 9 de febreiro.
  • A confirmación do comezo do curso notificarase por Abalar unha vez rematado o prazo de inscrición.
  • A actividade será totalmente gratuíta.

EXPERIENCIAS EN INGLÉS - 4 ELEMENTS GALICIA - PREPARACIÓN PARA PROGRAMA EDUEXCHANGES - 1º A ESO - 19-01-2022

Onte, tivemos a sorte de poder aisistir co grupo de 1º da ESO as experiencias promovidas por "4 ELEMENTS GALICIA", afincados na aldea de Sambade en Muxía, que fornecen dunha nova pedagoxía de aprendizaxes innovadoras en inglés ao aire libre, no bosque e en contacto coa natureza. A aprendizaxe, según a súa filosofía: "A aprendizaxe se prodúcese de forma inconsciente e natural nun marco silvestre  que propicia a reflexión". Un maravilloso lugar rodeado de natureza en estado puro, onde se poden desenvolver todo tipo de obradoiros, campamentos de verán, estadías e obradoiros de fin de semana, etc.. A nosa directora e profesora de inglés Pilar Mirón, organizou esta actividade como forma idónea de preparar ó alumnado para o programa de intercambio escolar "EDUEXCHANGES", iniciativa da Xunta de Galiza e da Unión Europea. Fixemos sendeirismo polo bosque e a carón do Río Castro, visitamos un antigo muiño e explicouse como vivian e comian os nosos avós, as plantacións de trigo e de millo que o arrodeaban coas que se facía a fariña para facer o pan, xogamos e competimos ós Bolos de Madeira e a Estornela e elaboramos deliciosas pizzas en fornos tradicionais de adobe, facendo o relato pormenorizado dos ingredientes. TODO EN INGLÉS. Unha auténtica convivencia da man de Frank e Lalo, os guías e conductores da proposta. Un auténtico luxo.

4 ELEMENTS GALICIA

 

CHARLA SOBRE DIVERSIDADE SEXUAL E DE XÉNERO - ASOCIACIÓN AVANTE LGBT+COMPOSTELA

Hoxe, tivemos a oportunidade de achegar ó noso profesorado e alumnado de 3º e 4º da ESO ós diferentes conceptos que conforman os contidos e coñecementos sobre a "Diversidade Sexual e de Xénero", da man dun gran comunicador, excelente persoa e antigo alumno do IES Ramón Caamaño: LOIS BÚA. Un auténtico pracer contar coa súa presenza e traernos tamén a visión de colectivos como a Asociación AVANTE LGBT+Compostela.

Distribuir contido


by Dr. Radut