Skip to Content

ENTREGA DE ORDENADORES

Esta semana produciuse a entrega de 10 ordenadores sobremesa e 5 portátiles para o IES Ramon Caamaño de Muxia  por parte do Banco de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Vigo, o cal está composto polas asociacións Informática Solidaria, IEEE UVigo e a Industriosa, en colaboración con Labecos.

 Este forma parte da rede galega de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre, que ten como obxectivo a promoción das tecnoloxías libres e da soberanía dixital; a reutilización de equipos electrónicos para aumentar a súa vida útil, disminuíndo os residuos e a extracción de materiais e promovendo a electrónica ética; e a reducción da fenda dixital. Actualmente existen 5 bancos, que xorden da colaboración de varias asociacións, asi como da implicación de ONG de carácter social, que axudan a canalizar os equipos hacia as persoas que os necesitan. Nos últimos meses comezouse a impartir obradoiros en centros de ensinanza secundaria, chamando tamén a atención sobre a procedencia dos materiais empregados na fabricación, e o que ocurre coa sua eliminación. Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias. 

EMISIÓN RNE E ONDA CERO

PRIMEIRA EMISIÓN RNE EN DIRECTO DA MAÑÁ

SEGUNDA EMISIÓN DA MAÑÁ - RADIO ONDA CERO GALICIA

 

Con motivo do 20º Aniversario do afundimento do Prestige, hoxe venres 11 de novembro RNE e Onda Cero Galicia emitirán os seus informativos matutinos desde o IES Ramón Caamaño de Muxía.
O programa de RNE “Las Mañanas”, presentado e dirixido por Íñigo Alfonso, emitirase 8:00 a 10:00 horas da mañá. Neste informativo participará xente de Muxía que viviu a traxedia do Prestige en primeira persoa. Podedes volver a escoitar a emisión do programa desde o seguinte enlace  (O alumnado fala a partir do minuto 50)
De 13:40 a 15:00 horas, Onda Cero Galicia emitirá o informativo rexional, conducido pola periodista Ángeles San Luis, para lembrar os vinte anos da catástrofe do Prestige que tan de preto se viviu en Muxía. Podedes volver a escoitar a emisión desde o seguinte enlace (O alumnado fala desde o comezo ata o minuto 20). 
O profesorado e o alumnado do centro formarán parte activa da xornada, e verán en directo como se fai un informativo e o funcionamento interno dun programa de radio. O centro dispón de prazas para os veciños de Muxía que queiran asistir como público á emisión do programa de Onda Cero de 13:40 a 15:00 horas. Os interesados poden poñerse en contacto coa conserxería do centro.

FOTOGRAFÍAS e RESULTADOS DOS CONCURSOS E XOGOS POPULARES MAGOSTO - SAMAÍN 2022

Colgamos aquí unhas fotografías  do Magosto - Samaín 2022 celebrado o pasado venres 28 de Outubro. Pasámolo "de medo" e xenial coa participación de alumnado e profesorado, no debate Magosto-Samaín, na actuación teatro-musical, nos distintos xogos, nos concursos, na papatoria... O tempo respetounos e non choveu. Grazas a todos/as por participar e  facelo posible!!! 

PARTE DO ALUMNADO PREMIADO NOS CONCURSOS E XOGOS MAGOSTO-SAMAÍN 2022





 
 
 

Mes da Ciencia en Galego

Comeza un mes cheo de ciencia no IES Ramón Caamaño! En Novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego coa fin de visibilizar a importancia da investigación e das/os científicas/os, así como resaltar que a lingua galega é tan válida como outra calquera para investigar e divulgar ciencia.

Non te despistes e PARTICIPA na chea de actividades que se organizan:

- Experimentos e retos de diferentes temáticas durante os recreos. 
- Espectáculos de teatro e ciencia.
- Charlas sobre o cambio climático.
- Exposición de científicas e científicos galegos.
- Expositor con libros de ciencia en galego na Biblioteca do centro. 

Consulta a programación do Mes da Ciencia en Galego e inscríbete naquelas actividades con aforo limitado.

Programación do Mes da Cienca

ENLACE Ó CALENDARIO

CELEBRACIÓN ELECCIÓNS SINDICAIS PERSOAL DOCENTE

O 27/06/2022 as organizacións sindicais comunicaron á Consellería o acordo entre as organizacións para establecer o calendario de celebración de eleccións sindicais para as xuntas de persoal docente non universitario no ámbito da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. 

O inicio do proceso electoral fíxase para o 30/09/2022, sendo a data prevista para a votación o 01/12/2022 en horario de 11.00 a 14.30 horas e de 16.30 a 18.30 horas no IES Ramón Caamaño. 

Se agunha persoa electora (profesorado do IES Ramón Caamaño e do CEIP Virxe da Barca) non vai estar presente o día da votación, pode exercer o seu ereito ao voto enviando este a través do correo postal. Nos seguintes enlaces están os PASOS A SEGUIR e o modelo de SOLICITUDE DE VOTO POR CORREO EN PDF ou en FORMATO EDITABLE WORD

AdxuntoTamaño
Voto por correo.pdf174.18 KB
SOLICITUDE VOTO POR CORREO.pdf64.34 KB
SOLICITUDE VOTO POR CORREO.docx8.44 KB

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

A resolución do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educacion e Formación Profesional, establece o calendario para a celebración de elección de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

A designación dos membros da Xunta Electoral farase mediante sorteo público no IES Ramón Caamaño. Este sorteo terá lugar o vindeiro xoves, 3 de novembro ás 12:15 horas na biblioteca. 

Neste apartado informarase puntualmente das accións previstas para o cumprimento do calendario electoral. 

Agradecemos de antemán a colaboración das familias e animámosvos a que participedes activamente presentando as vosas candidaturas como representantes de pais e nais no Consello Escolar.

CANDIDATURAS: Mariann Sambad Vilela presentou  súa candidatura para representar ás familias no Consello EScolar. O 24 de novembro remata o prazo para presentar reclamacións a esta candidatura. 

Premede nos seguintes enlaces para acceder á información:

CALENDARIO ELECTORAL

 

Martes, 8 de novembro

- Primeira reunión da Xunta Electoral:

       - Acto de constitución.

       - Aprobación do calendario de actuacións.

       - Publicación dos censos.

       - Envío dun escrito ao Concello solicitando a designación do seu representante.

Martes, 8 de novembro

- Publicación e/ou envío das distintas convocatorias e do calendario de eleccións (profesores, e alumnado).

Venres, 11 de novembro

- Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores, na secretaría do centro.

- Comeza o prazo de reclamacións ao censo.

- Remisión da convocatoria da XE para a segunda reunión e convocatoria de claustro do profesorado.

Mércores, 16 novembro

- Reunión Claustro Informativo.

Venres,18 de novembro

- Remata o prazo de presentación de candidaturas.

- Remata o prazo de reclamacións ao censo.

Luns, 21 de novembro

- Segunda reunión da Xunta Electoral:

      - Análise e resolución das posibles reclamación.

      - Proclamacióne publicaciónprovisionais de candidaturas.

      - Apertura  do prazo de reclamacións á proclamación de candidatos/as: días 22 e 23 de novembro.

      - Aprobación definitiva de censos electorais.

      - Sorteo público de designación dos membros das mesas electorais país/nais.

 - Comunicación país/nais das candidaturas doce sector.

- Publicación no centro de todas as candidaturas presentadas.

- Citacións para a constitución das mesas electorais.

- Convocatoria para a 3ª reunión da XE: 24 de novembro.

- Convocatoria de Claustro extraordinario de Profesores o 29 de novembro.

Xoves, 24 de novembro

 - 3ª reunión da Xunta Electoral.

- Resolución de reclamación, proclamación e publicación definitiva de candidatos/as.

Martes, 29 de novembro

-Votacións:

      - Profesorado: Claustro extraordinario ás 12:10 horas.

      - Pais/Nais: 17:00 a 20:00 horas.

     

Xoves, 1 de decembro

- 4ª e última reunión da Xunta Electoral:

      - Proclamación de candidatos electos.

      - Traslado á Xefatura Territorial das actas correspondentes e Anexo I

 

AdxuntoTamaño
Constitución Xunta Consello.pdf217.84 KB
Resultado sorteoXunta Electoral.pdf551.71 KB
7. Convocatoria Eleccións pais-nais.pdf161.65 KB

CELEBRACIÓN MAGOSTO - SAMAÍN 2022

O vindeiro venres 28 de Outubro, se o tempo o permite, celebrarémolo Magosto-Samaín de 10:30 a 14:10 horas. Unha mañá chea de disfraces, xogos populares, degustacións, concursos de podcasts de medo e de doces e sobremesas, e... DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS E CHOURIZOS!!! Animádevos a disfrazarvos, de defuntos, meigas, trasnos, diaños ou das cores e formas do outono...e anotádevos a tódolos xogos e participade nos concursos!!! hai moitos premios!!!

 

PREMER AQUÍ CONCURSO DE DOCES e SOBREMESAS                                      PREMER AQUÍ INFORMACIÓN XOGOS POPULARES

 

CONCURSOS:PODCAST DE TERROR-PRAZO ATA O 27 DE OUTUBRO

CALENDARIO ESCOLAR 2022/23

Calendario EScolar 22/23

AdxuntoTamaño
Calendario Escolar.JPG262.22 KB
IES RA CA 22-23.pdf150.71 KB
Distribuir contido


by Dr. Radut