Skip to Content

Quecendo motores para montar o rastrillo organizado polo alumnado de 4º da ESO e recaudar cartos para a excursión fin de curso do IES Ramón Caamaño a Sevilla. Pais, veciños e turistas tedes a oportunidade de levar produtos a bo prezo e así colaborar co noso alumnado. Estaremos os dias: venres 13, martes 17, martes 24 e venres 27 de marzo no "Cabo da Vila". Animádevos!!!


o pasado martes o noso alumnado tivo a oportunidade de disfrutar xunto co de 5º e 6º de primaria dos CEIP Os Muiños e CEIP Eduardo Noya (Vilarmide) dun espectáculo de maxia no que se traballou a temática da igualdade no marco da conmemoración do 8 de marzo día da muller. Unha maravilla compartir cos pequenos este día.


O pasado 06 de febreiro de 2020, o noso alumnado achegouse a Vimianzo para ver a obra clásica "DON JUAN TENORIO" e para asistir a unha visita guiada ó "CASTELO DE VIMIANZO". Aprendizaxe e lecer. Unha mañá fabulosa!


Onte 05 de Marzo de 2020, o alcalde de Muxía Iago Toba, a Técnica da Biblioteca do Concello Viky Rivadulla e a Isabel Muñoz Avogada, achegáronse a presentar a exposición que estes días se pode ver no noso centro e que constitúe a "GALERÍA DE MULLERES", unha iniciativa pioneira desde o Concello de Muxía que aposta pola visibilización e coñecemento de mulleres relevantes de diversos ámbitos, arte, literatura, ciencia, política, etc...para o seu achegamento ó público xeral. Isabel Muñoz tamén fixo unha presentación ó alumnado do CIM - MUXÍA (Centro de Información á Muller) que ofrece diversos servizos de axuda, informativa, xurídica, asesoramento, denuncia. Ámbas presentacións enmarcanse na semana previa a celebración do 08 de Marzo.


Ante as recomendacións da OMS e as novas relacionadas enviadas ós centros educativos en relación ó problema xerado polo CORONAVIRUS pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o equipo directivo do IES Ramón Caamaño solicita ás familias a colaboración para a prevención e alerta na nosa Comunidade Escolar. Afirmamos. Aproveitamos para lembrar que non hai motivo de alarma. Por favor lean con atención as cartas impresas enviadas ás familias a través dos seus fillos/as ou lean a información relacionada nos seguintes enlaces:

CARTA INFORMATIVA ENVIADA ÁS FAMILIAS

CARTA INFORMATIVA ENVIADA ÓS CENTROS POLA DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA DA

CONSELLERÍA DE SANIDADE


Gran día de entroido festexado no IES Ramón Caamaño. Coa colaboración de tod@s, no que houbo obradoiros de globoflexia (Virginia), maquillaxe de entroido (alumnado de 4º ESO), desfile de disfraces, cantares tradicionais (alumnado de varios cursos) e cancións de autor (Laura Santiago e Saray), rock-queen (alumnado co profesor Ángel Mellid), actuacións de humoristas (Pedro Brandariz), karaoke, papatorias varias e a visita dos noos compañeiros as disfrazados da Galiña Azul e do CEIP Virxe da Barca que nos agasallaron co seu desfile de disfraces. Unha mañá inolvidable na que xuntos compartimos un día especial. Que se repita e a deisfrutar do entroido!!!

               

Os pasados 11 e 12 de febreiro tivemos dúas interesantes charlas no centro impartidas por profesorado da UDC no marco da promoción da Universidade da Coruña e da relación entre os estudos de secundaria e os estudos superiores universitarios. Os títulos: "Alcoa,Meirama, As Pontes...qué está pasando?" impartida por Fernando de Llano Paz, e "A nosa pegada dixital en internet; canto saben de nós e para que o empregan". A primeira, sobre temática enerxética, o emprego, as formas e posibilidades de produción de enerxía no contexto galego e a transición enerxética e a outra sobre o rastro dixital de cada un de nós na rede e o emprego dos datos e Big Data por parte das multinacionais e gobernos mundiais. Quizáis en exceso técnicas para o noso alumnado pero sempre interesantes e co fin de achegarlle anacos de realidade do mundo no que están inmersos.

 


Do 1 ó 17 de febreiro estará aberto o período de  RESERVA DE PRAZAS para o IES RAMÓN CAAMAÑO para o curso 2020-2021.

Lémbramos ás familias do alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos que deben formalizar a súa "Solicitude de Reserva de Praza" neste período e que deben presentala no seu centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que precisará de Chave365 ou Certificado Dixital.

01 - 17 FEBREIRO

FAMILIAS

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación ADMISIONALUMNADO no menú:

 

Solicitudes - Reserva - Crear

 

Modelo ED550A de reserva de praza para a súa presentación "manual" (poden descargalo aquí, pedílo no seu centro educativo ou descargalo directamente da ventá introductoria da aplicación ADMISIONALUMNADO).

 

 

Publicaremos a listaxe de admitidos con asignación de prazas nesta reserva o 28 de Febreiro

 

 


Hoxe contamos con Efrén Faraldo, director da sucursal do Banco Santander de Muxía e con José Loureiro, impulsor de FINANZAS PARA MORTALES Galicia a través da Fundación da Universidade de Cantabria para o Estudo e a Investigación do Sector Financieiro (UCEIF) no que está integrado o Santander Financial Institute (SanFI), centro de formación, investigación y transferencia. Durante un obradoiro desenvolvido en varias sesións pretenden achegar ó noso alumnado de 4º da ESO ó mundo das finanzas e os conceptos e vocabulario técnico que rixe a nosa economía para adquirir unhas certas competencias ante a nova etapa  que moi pronto van a enfrontar.

 

 


O Pasado xoves o alumnado de 4º da ESO tivemos unha divertidísima  e interesantísima charla-obradoiro de escaneado en 3D co móbil, impartido por Juan Pedro Ortíz Sanz, Profesor Titular de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela no Campus Universitario de Lugo. A partires de dúas aplicacións gratuitas para móbil: SCANN3D (Android) e QLONE (APPLE) puidemos fotografar e representar en 3D co móbil, cunchas de vieira e algúns nos atrevemos a tentar sacar o 3D dunha cabeza. Unha auténtico avance o que se pode facer con estas aplicacións.

 


Para unha boa coordinación nas posibles urxencias-tramites que podan xurdir durante este Nadal, escriban ó enderezo electrónico do Instituto e alguén do equipo directivo se porá en contacto con vostede. BO NADAL!

ies.ramon.caamano@edu.xunta.gal

 


Último día de clase no primeiro trimestre, saimos cedo para encarar a ardúa tarefa de ter que patinar, xogar, chocar, caer, rir e despistarse si...un pouco, coa hora de volta. Pasámolo de Medo!!!




by Dr. Radut