Skip to Content

Estimados alumnos/as:

Comunícosvos que a partir de hoxe está habilitada unha nova páxina das actividades no BARQUIÑO ALUMNADO. Esta non substitue a anterior e poderedes atopar unha a continuación da outra, por se a algún alumno/a lle quedaran tarefas por rematar. Lembrade que traballamos nesta páxina e na Aula Virtual. Nos dous espazos actualizanse as tarefas.

Unha aperta moi forte.


Estimadas Familias:

Comunicamos a apertura do centro para uso exclusivo de atención ó público a partires do  vindeiro luns 11 de Maio, este inclusive. O obxectivo é poder levar a cabo o proceso de admisión de alumnado e de poñernos á vosa disposición para a realización de necesidades administrativas. Lembramos que para outras consultas de carácter ordinario estamos a vosa disposición a través do teléfono e do correo electrónico do centro:  881880775 - ies.ramon.caamano@edu.xunta.es. Lembramos especialmente ó alumnado de 4º ESO que ainda non  teña presentada a admisión para o bacherelato e que requira unha certificación académica de que é o momento de facelo. As persoas que acudan ó centro deberán gardar a distancia de seguridade establecida polos protocolos do COVID19 e a ser posible provistas de mascarilla e guantes. Ante a posible congregación de persoas no centro establecerase unha fila para a súa atención.

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÜBLICO: DE LUNS A VENRES DE 09:30 a 13:30

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ADMISIÓN: DO 11 ó 18 de MAIO

TODA A INFORMACIÓN REFERENTE Ó PROCESO DE ADMISIÓN NESTA LIGAZÓN


Estimadas familas:

Seguindo as indicacións dadas pola Consellería de Educación e a Inspección Edcativa ao abeiro das "Instruccións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia", o claustro do profesorado do IES Ramón Caamaño presentamos os seguintes CRITERIOS DE PROMOCIÓN-TITULACION e AVALIACIÓN FINAL CURSO 2019/20 dadas as especiais circunstancias de actuación ante Pandemia Covid-19.

Estes criterios rexirán este final de curso académico de non ser que a Consellería de Educación ou Inspección Educativa fornezan de instruccións especificas de carácter ulterior. Xunto a estes criterios xerais ós que agora lle damos publicidade a través deste medio, publicaremos a mediados do mes de maio as adaptacións currículares das programacións didácticas de cada materia (esixencia da Consellería de educación ante a Pandemia Covid-19) onde poderedes observar os estándares imprescindibles de aprendizaxe e os instrumentos e criterios de avaliación implementados para a cualificación final do alumnado.

É altamente recomendable a súa lectura para que queden claros a PROMOCIÓN a TITULACIÓN e a AVALIACIÓN FINAL deste curso 19/20.

Poderedes acceder ós CRITERIOS DE PROMOCIÓN-TITULACION e AVALIACIÓN FINAL CURSO 2019/20 ó final deste post e a través dunha ligazón permanente na páxina principal da web nas pestanas grises. No seu momento tamén aparecerán aquí as Adaptacións das Programacións Didácticas.

Grazas pola vosa atención, colaboración, esforzo e paciencia.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Ó CONTIDO


Colgamos hoxe neste post a guía de BENESTAR EMOCIAL fornecida polo Equipo de Orientación Específica (EOE) que pode axudarnos, nestes momentos de cuarentena por mor do coronavirus, a toda a Comunidade Educativa. Saúdos e unha aperta forte de todo o claustro de profesorado do IES Ramón Caamaño a alumnado e familias.

PREMA NA IMAXE PARA ACCEDER A GUÍA


Queridos alumnos:

Na parte final da páxina de actividades no BARQUIÑO ALUMNADO aparecerán tarefas específicas para alumnado con materias pendentes. Non teñen porqué aparecer todas xa que o profesorado pode estipular outra maneira de comunicación con vós como colgar as mesmas na Aula Virtual ou poñéndose en contacto con vós  por teléfono ou por medio de correo electrónico.

Unha forte aperta e MOITO ÁNIMO!!!


Foi creado un curso en aberto na Aula Virtual para axudar ó alumnado a entrar correctamente nela. Chámase AUXILIO INFORMÁTICO. Este espazo tamén servirá para colgar material de auxilio ante posibles dúbidas que poida ter o alumnado en canto o tratamento de imaxes, formatos, extensión de arquivos, programas, etc... Poderedes acceder a este curso a través da propia pestana da Aula Virtual na páxina principal do instituto, premendo na imaxe a continuación neste post ou tamén na ligazón permanente colgada na páxina de ACTIVIDADES dentro do BARQUIÑO ALUMNADO.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Ó CURSO


Querido alumnado e familias:

O departamento de Orientación do IES Ramón Caamaño quere recordar os servizos e materiais de axuda colgados no seu departamento e na aula virtual do centro ó que tedes acceso aberto. Os contidos son variados: Orientación Académica e profesional, actividades, información e recursos sobre o COVID-19, ...e outros de moito interese. Para quen non esté familiarizado ca páxina describo a ruta en imaxes para acceder e o final do post deixo colgado dúas ligazóns directas a ORIENTACIÓN AULA VIRTUAL e DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. Un saúdo.

RUTA NORMAL DE ACCESO

               

ACCESO DIRECTO LIGAZÓNS

ORIENTACIÓN AULA VIRTUAL                        DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN


Ola a tod@s:

De seguro nalgún momento tedes problemas á hora de enviar algunha tarefa ó profesorado en forma de imaxe porque pesan moito na memoria do ordenador. Cada imaxe saxada dun teléfono móbil soe pesar entre 3 e 7 MB. O programa XNConvert, procesa un conxunto de imaxes á vez e as reduce para que "pese menos" de 100 a 200 KB por exemplo e así teredes máis fluidez de manexo no ordenador e na comunicación a través do correo. Podedes accder ó manual de manexo e descarga premendo na icona do final despe post pero tamén podedes acceder na pestana "Manuais" na páxina de inicio ou na carpeta "alumnado ó final das tarefas. Ánimo!!!, é unha nova opción.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Ó CONTIDO


Querido alumnado e familias:

Comunícámosvos que está posto en marcha o servicio de videoconferencia profesorado-alumnado para un contacto máis directo entre os mesmos. A incorporación deste servizo será paulatina e parella ás actividades que se poidan ir colgando no APARTADO ALUMNADO. Neste apartado xusto antecedendo ás actividades colgadas aparece a ligazón QUEDADAS VIDEOCONFERENCIA PROFESORADO-ALUMNADO no que progresivamente irán aparecendo as distintas sesións das diferentes materias sinalando o día e a hora das mesmas. Por todo isto é importante que visualicedes con regularidade esta ligazón para estar o día das diferentes QUEDADAS. Grazas pola colaboración.

QUEDADAS VIDEOCONFERENCIA PROFESORADO-ALUMNADO NO APARATADO "ALUMNADO"


Estimadas familias:

Como sabedes o noso centro está pechado e actualmente non temos servicio ningún activo xa que teletraballamos desde as nosas casas. Ante a petición de varias familias que precisan recoller os libros de texto que no seu momento o alumnado deixou no centro comunícovos que estarei este mércores 22 de Abril en horario de 12:00 a 13:00 horas do mediodía para que que poidades recoller os libros.

David (Director)


Queridos alumnos e familias:

 

O pasado venres a Consellería de Educación enviou unhas orientacións provisionais sobre o desenvolvemento da terceira avaliación. Esas orientacións resultan demasiado xerais e imprecisas e o único que explican é que os contidos neste último trimestre serán avaliables, e consistirán fundamentalmente en reforzo e ampliación dos contidos das dúas primeiras avaliacións.

 

Estamos á espera de que o Ministerio de Educación publique no BOE as medidas concretas, e tamén a que a Consellería as adapte para Galicia. A través da nosa páxina web daremos a información específica que vaiamos recibindo, pero todo parece indicar que teremos que seguir teletraballando desde as casas durante o mes de maio.

 

Por ese motivo, a maiores das actividades colgadas na web e na Aula Virtual do centro, cremos necesario e importante comezar a traballar a través dun medio que nos permita unha comunicación directa a través de videoconferencia.

 

O centro vai poñer en funcionamento o programa WEBEX MEET para que o alumnado e o profesorado que o desexe poida presentar tarefas, consultar dúbidas e facer un seguemento do voso traballo semanal. O sistema funciona a través de reunións programadas polo profesor/a, ás que o alumnado asistedes como participantes invitados. Aquí tedes os enlaces coa información e os videos tutoriais para descargar o programa nos vosos ordenadores ou baixar a aplicación nos vosos móbiles.

 Ver las imágenes de origen

  • PÁXINA DE SERVICIOS DIXITAIS EDUCATIVOS

 

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/servizos-dixitais/servizo-de-videoconferencia

 

Manual PDF WEBEX

 

  • TITORIAL PARA ALUMNADO

 

https://www.youtube.com/watch?v=BUp6_7ZfcDk&feature=youtu.be

 

  • TITORIAL PARA PROFESORADO

 

https://.youtube.com/watch?v=W0Dx3Dy12rg

 

 

Ide probando o seu funcionamento e o manexo básico.

O alumnado de 4º ESO comezou hoxe a utilizalo coa súa titora. E ao longo desta semana ou da próxima, comezaremos con outros grupos e materias.

 

O CALENDARIO DE REUNIÓNS WEBEX estará colgado na páxina web do centro. Nel indicarase o grupo, a hora e a materia da reunión. Revisádeo a diario.

 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 


Estimadas familias:

Como director do centro IES Ramón Caamaño de Muxía, quero mandar de parte do equipo directivo e do claustro de profesorado unha mensaxe de tranquilidade e de sosego a todos vós nestes momentos de incertidume ante o acontecer desta última avaliación e final de curso académico 2019-2020. Somos conscientes do nerviosismo e inquietude xenerados polo aillamento social e por esta "comunicación virtual-non presencial" a que estamos sometidos desde que comezou a cuarentena e vos damos as grazas polo voso esforzo e paciencia. Hai moitas preguntas no aire sen contestar e asistimos como espectadores a mensaxes contradictorias e e interpretacións incompletas dos nosos dirixentes a través dos medios de comunicación  sobre como se desenvolverá o final de curso escolar. Non é momento para bulos e falsos rumores. Ante as reiteradas chamadas de pais e alumnos preguntando sobre este tema cabe aclarar:

1.) Todas as novas "concretas", "operativas", que atixen ó noso alumnado e familias son comunicadas sempre a través deste medio coa maior celeridade posible. Por suposto atendemos tamén consultas a través do correo electrónico e do teléfono do centro: ies.ramon.caamano@edu.xunta.es     881880775

2.) Estamos á espera de novas e instruccións concretas sobre o desenvolvemento da 3ª avaliación e final de curso escolar por parte da Consellería de Educación. Onte 15 de abril reuníronse a ministra e os conselleiros de educación das diferentes comunidades autónomas pero ainda non se elaboraron e transmitiron instruccións específicas en cada comunidade autónoma ós centros educativos, polo que cabe agardar. É moi importante que comprendades esto para evitar falsos rumores. Os funcionarios deste centro só funcionamos coas instruccións concretas que forneza a Consellería de Educación Galega, xa que a competencia na aplicación de instruccións e normas é dela.

3.) Pedirvos unha vez máis paciencia e sosego e que saibades que tedes de parte do profesorado e equipo directivo todo o noso apoio, todo o noso cariño e que estamos aquí para o que precisedes.

David Creus Andrade  (director)




by Dr. Radut