Skip to Content

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO, ENTREGA DE NOTAS E PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2017 - 2018

(AVISO IMPORTANTE: MODIFICACIÓN PRAZO MATRÍCULA DE SETEMBRO)

 

Despois do período de exames da Convocatoria Extraordinaria de setembro (días 1 e 4) e das sesións de avaliación (día 5), os titores farán a entrega de notas ó alumnado o día 6 de setembro en horario de 11:00 a 12:00 horas nas aulas correspondentes ós diferentes niveis e grupos.

Por outra banda, ese mesmo día 6 dará comezo o período de matrícula para o alumnado que se examinou en setembro. O prazo para tramitala finalizará o día 8 do mesmo mes.

 

Entrega Notas Convocatoria Extraordinaria Setembro 6 de setembro de 11:00 a 12:00
Prazo Matrícula Setembro do 6 ó 8 de setembro

 

* Recordar que á hora de formalizar a matrícula de setembro deben entregarse os libros do curso anterior.


NOVA LISTAXE CORRIXIDA Os beneficiarios de cheques para a compra de material escolar poderán vir recollelos ó centro ata o 28 de Xullo de 2017.


Ábrese un prazo de revisión e reclamación desta listaxe. Calquera erro ou omisión deberá ser notificado ó centro desde o 17 ata o 21 de Xullo de 2017.


Relación de libros de texto do IES Ramón Caamaño para o vindeiro curso 2017/18

* Nota importante: Esta é unha listaxe provisional susceptible de cambios. Non mercar ata setembro.

Cambio en relación á primeira listaxe publicada: En 1º ESO o libro de EPVeA decidirase en Setembro.


  • As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar no centro educativo as correspondentes solicitudes.

 

  • A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

 

         Máis información:

               - Na seguinte ligazón

               - Nos adxuntos.

  

   




by Dr. Radut