Novas

PROGRAMA DE TITORIZACIÓN ENTRE IGUAIS (TEI)

 

                                                                                            

Estimadas familias:

Con esta carta queremos poñer no seu coñecemento que a partir do vindeiro mes de xaneiro de 2019 comezaremos no IES Primeiro de Marzo un proxecto educativo innovador para mellorar a integración escolar, a convivencia entre o alumnado e, principalmente, para evitar o acoso escolar. 

Trátase do programa TEI (“titorización entre iguais”), un programa no que cada alumno e alumna de 1º de ESO será titorizado por un compañeiro ou compañeira de 3º de ESO, que estará preto del coa finalidade de axudalo na súa integración no centro, diminuír a súa inseguridade, mediar nos conflitos, actuar como referente para a mellora da autoestima e diminuír os desequilibrios de forzas que orixinan o acoso escolar. 

Este programa foi aprobado polo Claustro de Profesores e polo Consello Escolar. Na súa aplicación, sensibilizarase ao alumnado contra o acoso escolar e a favor dun modelo de relación entre compañeiros baseado no respecto mutuo, na corresponsabilidade e na solidariedade. 

A implantación deste modelo será reforzado nas horas de titoría e en distintos momentos ao longo do curso. Nestas sesións, a coordinadora do programa e orientadora e os titores e titoras do alumnado de 1º e 3º levarán a cabo unha serie de actividades, dinámicas e encontros para conseguir os obxectivos deste programa.

 

Un saúdo e Bo Nadal.

 

A Dirección

AVISO: PAGAR O SEGURO ESCOLAR POLO BANCO (Nº DE CONTA)

Número de conta  do IES Primeiro de Marzo para o pago do seguro escolar (alumnado a partir de 3º  ESO):

ES12 2080 5015 68 3040014348 (ABANCA)

Se o pago o fan a través da banca electrónica  non lles cobran a tramitación dese pago.

Charla Educación Vial

O vindeiro, 6 de abril ás 13:00 h. haberá unha charla sobre Educación Vial no salón de actos do Centro dirixida as familias e a o alumnado en xeral, esta charla correrá a cargo da Garda Civil de Baiona.

CELEBRACIÓN 25 ANIVERSARIO

 

 

 

O pasado martes 13 de marzo Celia quixo convidarnos para celebrar que leva 25 anos traballando con nós.

Pola nosa parte e en nome de toda a comunidade educativa do IES Primeiro de Marzo dámoslle as grazas.

Grazas pola túa amizade e por compatir con todos nós unha parte importante da túa vida.

Unha aperta, Celia.

 

 

 

 

CHARLA SOBRE AS REDES SOCIAIS

O vindeiro luns día 12 de marzo ás 18:00 horas no salón de actos do noso centro terá lugar unha charla dirixida ás familias sobre as Redes Sociais e Maltrato entre Iguais.

Esta charla forma parte do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus Contornos e correrá a cargo de dous membros do Garda Civil de Baiona.

CHARLA INFORMATIVA PARA PAIS

Achegamos información no arquivo seguinte.

Parabéns!

PARABÉNS A PAOLA DI PIETRO ALAR!

A nosa alumna de 4º da ESO Paola di Pietro Alar acaba de conseguir unha beca da FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA que lle permitirá estudar 1º de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá o vindeiro curso 2018-2019.

 

 

Samaín e o Demo da Man Negra

Durante a semana do 30 de Outubro ó 3 de Novembro, coincidindo coa celebración do Día de Defuntos e o Samaín, o alumnado de Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística realizou unha representación teatral para todo o centro educativo (todo o alumnado da ESO, FPB e Bacharelato, así como para profesorado e persoal non docente). Un total de 18 pases dun obra de elaboración propia, inspirada en lendas e mitos da cultura galega, que puxeron en contacto ó público coa experiencia dun Aquelarre, ou a lenda do Demo da Man Negraunha historia que aconteceu o ano pasado aquí, en Sabarís...

 Samaín

Moitas grazas ó alumnado das FP Básicas de Electricidade e Electrónica, e de Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios pola súa colaboración na preparación da ambientación dos decorados e nas probas de son, así como na limpeza e orde do Salón de Actos unha vez rematadas as representacións. 

OBRADOIROS DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 1º e 2º da ESO realizará uns obradoiros de sensibilización e prevención de violencia de xénero os días: 2,3, 6 e 7 de novembro no centro a cargo de profesionais especialistas organizado polo Concello de Baiona con fondos do Ministerio de Educación.

AGRADECEMENTO

 

       Na mañá do pasado domingo 15 de outubro o incendio do monte da Virxe da Rocha afectou ao noso centro. Afortunadamente o edificio non sufriu danos mais as chamas asolaron a finca.

       Estas graves consecuencias non foron maiores grazas ao esforzo de todas as persoas que colaboraron na extinción do lume e na protección do edificio para evitar que este se reiniciase.

       Dende aquí queremos expresar o noso recoñecemento e a nosa gratitude a todas elas. Especialmente, a Sergio e Cristian, a Teresa e a súas fillas, a Emilio, a Puri e a Manuel, a Jose Antonio, aos representantes do Concello que estiveron colaborando con nós (o Concelleiro de Medioambiente Raúl, a Concelleira de Educación Beatriz e a Teniente de Alcalde María) e a todas as familias e alumnado que tamén se sumaron.

      A Dirección

 

   

Distribuir contido