PROGRAMA DE TITORIZACIÓN ENTRE IGUAIS (TEI)

 

                                                                                            

Estimadas familias:

Con esta carta queremos poñer no seu coñecemento que a partir do vindeiro mes de xaneiro de 2019 comezaremos no IES Primeiro de Marzo un proxecto educativo innovador para mellorar a integración escolar, a convivencia entre o alumnado e, principalmente, para evitar o acoso escolar. 

Trátase do programa TEI (“titorización entre iguais”), un programa no que cada alumno e alumna de 1º de ESO será titorizado por un compañeiro ou compañeira de 3º de ESO, que estará preto del coa finalidade de axudalo na súa integración no centro, diminuír a súa inseguridade, mediar nos conflitos, actuar como referente para a mellora da autoestima e diminuír os desequilibrios de forzas que orixinan o acoso escolar. 

Este programa foi aprobado polo Claustro de Profesores e polo Consello Escolar. Na súa aplicación, sensibilizarase ao alumnado contra o acoso escolar e a favor dun modelo de relación entre compañeiros baseado no respecto mutuo, na corresponsabilidade e na solidariedade. 

A implantación deste modelo será reforzado nas horas de titoría e en distintos momentos ao longo do curso. Nestas sesións, a coordinadora do programa e orientadora e os titores e titoras do alumnado de 1º e 3º levarán a cabo unha serie de actividades, dinámicas e encontros para conseguir os obxectivos deste programa.

 

Un saúdo e Bo Nadal.

 

A Dirección

AdxuntoTamaño
PROGRAMA TEI.pdf468.68 KB