RESERVA
AVISO: TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA DOS CENTROS ADSCRITOS FORON ADMITIDAS E TEÑEN A PRAZA ADXUDICADA PARA O CURSO 24/25
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.
Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)
________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
ADMISIÓN
PORTADA DA WEB DE ADMISIÓN (1 ao 20 de marzo)
PECHADO
Aplicación de xestión das solicitudes de admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.
Para presentar unha solicitude deberá seguir ALGUNHA das opción descritas a continuación:
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente
ENLACE DIRECTO DA SEDE XUNTA: https://sede.xunta.gal/portada
presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.
Cubrir a solicitude de ADMISIÓN manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
ADMISIÓN: (Cambio de centro distinto do que está matriculado na actualidade ESO/BACHARELATO), presenta a solicitude no centro elexido en 1ª opción (do 1 de marzo ao 20 de marzo)
EXTRAORDINARIA: presenta no centro elexido (fóra de prazo)
OFERTA DE PRAZAS PARA ADMISIÓN DOS CURSOS DA ESO OU BACHARELATO, SOLICITUDES DO 1 AO 20 DE MARZO
1º ESO 25 (3 GRUPOS)
2º ESO 22 (2 GRUPOS)
3º ESO 3 (2 GRUPOS )
4º ESO 15 (2 GRUPOS + 1 DE PDC)
1º BACH 54 (DÚAS MODALIDADES) (3 GRUPOS)
2º BACH 56 (DÚAS MODALIDADES) (3 GRUPOS)
DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ APORTAR: COPIA LIBRO DE FAMILIA, COPIA DNI PROXENITORES, DNI ALUMNO/A, CERTIFICADO EMPADROAMENTO. EN CASO DE SEPARACIÓN/DIVORCIO, COPIA DO CONVENIO OU RESOLUCIÓN XUDICIAL, certificado da actual matrícula e certificado de 3º ESO coa nota media. Horario de secretaría de 9 a 14 horas
AO FINAL DESTA INFORMACIÓN ESTÁ O ADXUNTO co modelo de solicitude PARA PRESENTAR PRESENCIALMENTE NO CENTRO
O ENLACE DA APLICACIÓN É: admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)
Enlace informativo do mapa educativo e datos de interese dos centros en Galicia: https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/AbrirSesion.do
Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Prazo de presentación de solicitudes:
A partir do mes de Xaneiro o noso IES participará activamente na campaña "Aquí tamén se fala Galego", co impulso do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Tedes máis información na web: #AQUÍTAMÉNSEFALA
LEMBRAMOS QUE O 7 DE DECEMBRO NON HABERÁ CLASES POR SER FESTIVO DE EDUCACIÓN, POR TANTO RETORNAN AS CLASES O LUNS, 11 DE DECEMBRO.
SAÚDOS.
Infórmolle que o Sindicato para la Solidaridad de los Trabajadores de España comunicou unha convocatoria de folga xeral para a totalidade das persoas traballadoras das empresas e organismos públicos de España, que se iniciará ás 00.00 horas do día 24 de novembro de 2023 e rematará ás 23.59 horas dese mesmo día.
CONSULTEN NO DOG DO 23/11/2023
"VICEPRESIDENCIA PRIMERA Y CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
JUSTICIA Y DEPORTES
ORDEN de 22 de noviembre de 2023 por la que se establecen los servicios mínimos dirigidos a garantizar los servicios esenciales durante la huelga convocada para el día 24 de noviembre de 2023."
Achegamos en arquivo adxunto o relativo aos servizos mínico no ámbito educativo
Este Venres teremos a celebración do Magosto no noso centro, e polo unha fantástica ocasión para desfrutar en conxunto... que non todo vai ser libros, apuntes e exames
O horario oficial para todo o alumnado e profesorado será de 12:20 a 14:00 horas.
Durante estas 2 sesións haberá reparto de castañas asadas, preparadas polo alumnado do Ciclo Básico de Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios, así como Música ambiental, Obradoiros e Xogos Populares organizados polo alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística.
En concreto, o alumnado de Ciclo está preparando o “Desafío Magosto”, consistente nun circuito de xogos populares, que ó completarse dará dereito a participar no sorteo duns pequenos agasallos.
Sobre as 13:45 finalizarán os xogos, e comezará o momento de recollida e limpeza, que debería ser compartida por todo o alumnado e profesorado
Que viva o Magosto!!
Saúdos.
FESTIVO LOCAL EN BAIONA:
O centro permanecerá pechado o martes, 26 de setembro