Radio Roca

Convocatoria probas de acceso aos ciclos medios e superiores

 

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2023

Publicada a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Máis información:

Información na secretaría do centro

CALENDARIO E INSTRUCIÓNS PARA A MATRÍCULA DO CURSO 2022/23. INSTRUCIÓNS FIN DE CURSO

Lembramos que o luns, 27 de xuño, o alumnado devolverá os libros e ordenadores prestados e a continuación os titores entregaranlles o boletín de notas na aula correspondente. Na conserxería pedirán o sobre de matrícula.

Achegamos arquivos coa información: horario de entrega de notas e o calendario de matrícula.

AVISO para o alumnado de ciclo superior:

Alumnado de 1º de CS: recollerán en secretaría (27/6) a folla de matrícula para 2º curso

Alumnado de 2º de CS: recollerán (27/6) en secretaría o impreso de taxas de título  en secretaría.

Calquera incidencia, consulten en secretaría.

PRAZOS ADMISIÓN DE CICLOS EN GALICIA. DO 23 DE XUÑO ATA ÁS 13:00 H. DO 5 DE XULLO

Publicada a convocatoria de admisión aos ciclos medios e superiores, PF dual e para réxime de adultos .Curso 2022/23.

O enlace para informarse sobre a oferta, o proceso de admisión e solicitar praza é o seguinte:

http://www.edu.xunta.gal/fp/informacion-xeral

Ordes de actualización da oferta de formación profesional para o curso 2022-23 e actualizacións de documentos de admisión

 
 

Achegamos calendario cos prazos.

CIRCULAR SOBRE O PROCESO DE MATRÍCULA ORDINARIA DA ABAU E PAGO DE TAXAS.

Convocatoria para o xoves, día 19/5/22 dirixida ao alumnado e as familias:

O  xoves informaremos do proceso de matrícula ordinaria da ABAU, pago das taxas e instrucións

Achegamos arquivo coa circular que entregaremos o día 19 de maio no salón de actos do centro de 9:00 a10:00 horas. Convócase a todo o alumnado que aprobe 2º de bacharelato (calquera familiar que quera tamén poderá asistir).

Informaremos sobre o proceso de matrícula na ABAU, CICLOS e UNIVERSIDADE e entregaremos os seguintes impresos:

Impreso de pago das taxas para as probas ABAU, poden descargalo da web da CiUG

Impreso de taxas para pagar o título de bacharelato. Achegamos instrucións e modelo cos códigos, este modelo entregarase o 19 na cita co alumnado.  O ABONO DAS TAXAS DE TÍTULO SE FARÁ O 23 DE MAIO, DÍA DO PECHE DAS ACTAS DE AVALIACIÓN.

Circular sobre o proceso, datas, sede , contactos, etc

Calendario probas ABAU

Instrucións aplicación NERTA

Instrucións CiUG e protocolo ABAU

 Aplicación Nerta: https://www.edu.xunta.gal/nerta/ (nesta aplicación se obtén datos do alumnado , reclamacións, matrícula etc)

Páxina da CiUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia):

https://ciug.gal/gal/abau

Nesta web poden informarse sobre o proceso, notas de corte, ponderacións, oferta de grados, lexislación etc.

 O IES non matricula ao alumnado nos grados da Universidade. Achegamos arquivo co calendario de solicitude de admisión nas Universidades de Galicia (SUG) 22/23

AVISO IMPORTANTE: a secretaría do IES matriculará na aplicación NERTA ao alumnado, estes terán acceso ao NERTA dende o 19 , día da entrega presencial das notas, ainda que non estean matriculados na ABAU, polo tanto só terán información sobre datos persoais ata que a secretaría lles matricule.

No momento que matriculemos na aplicación, esta xera un código de usuario ao estudante no seu email.

Achegamos CIRCULAR (adxunto).

¡Moita sorte!. Atentamente.

Secretaría do IES Primeiro de Marzo.

REMATE CURSO 2º BACHARELATO. CALENDARIO EXAMES E PROCESO DE RECLAMACIÓN

AVISO: Información sobre a convocatoria ordinaria

 

Remate das clases presenciais de 2º DE BACHARELATO: 6 de maio

Convocatoria  ordinaria de probas (Maio): Do luns, 9 de maio ao venres 13 de maio.

Publicación notas en ABALAR: día 18 de maio  ás 21 horas.

Entrega  presencial dos boletíns:  día 19 de maio ás 8:45 horas

* A Cita en secretaría para informarlles sobre o proceso de matrícula ao alumnado que aprobara todas as materias ou calquera  familiar interesado/a, sobre a  matrícula ABAU ou a matrícula en Ciclos superiores e retirar os impresos correspondentes tamén os das taxas de  títulos será o 19 de maio de 9:00 a 10:00 horas

Matrícula ABAU: entregar documentación en secretaría o 23 de maio de 9 a 11 horas

Proba ABAU: 7, 8 e 9 de xuño. Comisión Delegada, nº 32. Sede: Edificio de Ciencias Experimentarias. Vigo

Achegamos arquivo coa información do calendario das probas (maio) .

*Neste días informaremos sobre o calendario da ABAU e instrucións sobre a matrícula, entregaremos ao alumnado unha circular.

 

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO E OBRIGATORIDADE DO SEU USO NO TRANSPORTE ESCOLAR

Publicadas as directrices no Portal Educativo, achegamos o arquivo  coa información e destacamos o punto 3, referido ao uso das máscaras no transporte escolar e o punto 4 sobre situacións para manter o seu uso.

"3. Situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara.

Tras a publicación do Real Decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, as persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras no transporte público, incluíndose dentro deste, o transporte escolar."

"4. Situacións nas que se recomenda manter o uso da máscara:


Neste contexto normativo no que a máscara non resulta obrigatoria é
especialmente relevante lembrar a importancia de manter o resto de
medidas de protección que, ao longo da pandemia,
t
éñense amosado
eficaces. Así, a hixiene de mans, a ventilación e evitar as aglomeracións
seguen a ter un alto valor protector. Con todo,débese ter en conta que noscentros educativos pode haber poboación vulnerable entre o alumnado e o
persoal docente e non docente, polo que a máscara resulta nestes colectivos vulnerables particularmente recomendable."

"5. Resumo uso da máscara
OBRIGATORIO
Transporteescolar(salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)
RECOMENDADO
Persoal traballador do centro educativo.
Alumnado do centro educativo.
Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.
Persoas traballadoras.
Visitas cando estean en zonas compartidas.
Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos
de casos."

Grazas pola colaboración.

PRAZO DE ADMISIÓN E OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 22/23

 

Normativa relacionada

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

OFERTA de prazas deste centro para o curso 2022/23.

1º ESO:  19

2º ESO:    8

3º ESO:    9

4º ESO:    8

1º BACH: 79

2º BACH: 60

PRAZO : do 1 ao 21 de marzo de 2022. XA FINALIZADO

SOLICITUDE: o enlace para subrir a solicitude é a seguinte:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/.

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo  ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Horario da secretaría do IES: de luns a vernes de 9 a 14 horas.

DOCUMENTOS: solicitude ( modelo no arquivo adxunto) e, a efectos de comprobación de datos, os DNI ou pasaporte dos proxenitores ou titores/as, DNI  ou pasaporte do alumno/a, certificado matrícula actual, copia do libro de familia, certificado ou volante de empadroamento, carnet de familia numerosa  e certificado de discapacidade dalgún membro da familia ( ambos se é o caso)

AVISO:

1. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

2. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 16 de maio.

3. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: antes do 10 de xullo.

CALENDARIO DE MATRÍCULA NO NOSO CENTRO : PUBLICARASE A FINAIS DE XUÑO

IMPORTANTE: FINALIZADO O PRAZO DE ADMISIÓN.

AQUELAS SOLICITUDES PRESENTADAS A PARTIR DE AGORA, SE CONSIDERAN "FÓRA DE PRAZO" POLO TANTO A SÚA RESOLUCIÓN É COMPETENCIA EXCLUSIVA DA INSPECCIÓN EDUCATIVA. ESTE PERÍODO É DENDE O 22 DE MARZO AO 25 DE ABRIL.

ACHEGAMOS NUN ARQUIVO O MODELO DESTE PROCESO EXTRAORDINARIO QUE ENTREGARÁ PRESENCIALMENTE COA DOCUMENTACIÓN ESPECIFICADA ANTERIORMENTE

Proxecto Vincúlate

O Concello de Baiona puxo en marcha o proxecto Vincúlate, unha actuacion consistente na intervención asistida con animais para menores de entre 9 e 17 anos veciños e veciñas do municipio. Este proxecto busca traballar as habilidades sociais, emocionais e relacionais das persoas participantes, a través da súa vinculación con animais procedentes da protectora, así como aportar un beneficio para estes animais, que son apadriñados e acompañados mentres dura o seu proceso de adopción.

 

Na seguinte ligazón podedes escoitar un especial de Radio Roca, onde alumnado do noso centro participante neste proxecto, así como Ana González, Orientadora do IES e persoa encargada de coordinar o mesmo no noso centro, contannos a súa experiencia no mesmo.

 

            Radio Roca: Especial Proxecto Vincúlate

 

Tamén podedes ampliar a información neste vídeo de Youtube:

 

 

 

AVISO: Solicitudes dos centros adscritos

O IES informa de que foron admitidas e adxudicadas todas as solicitudes presentadas para cursar 1º da ESO no curso 2022/23, dos centros adscritos.

A listaxe está publicada no taboleiro da secretaría do IES para consultar.

O calendario de matrícula será informado aos colexios e nesta páxina web a finais do mes de xuño.

LISTAXE PROVISIONAL SOLICITUDES PRESENTADAS PARA AS PROBAS DE CS

Publicada a listaxe provisional de solicitudes presentadas para as probas de acceso aos CS.

Prazo de reclamación: do 18 ao 25 de febreiro ás 13:00 horas

Achegamos ficheiro coa listaxe.

Distribuir contido