Skip to Content

2º ESO

Obradoiro co escáner 3D

Un dos dispositivos que nos prestou o CFR foi un escáner 3D co que se escanearon diferentes pezas e figuras, mesmo o esqueleto existente no departamento de Bioloxía obtendo un nivel de realismo e de detalle moi alto.

Sesión de formación II. Materiais de Polos Creativos

Os compañeiros de Tecnoloxía Xurxo e Pablo, en diferentes sesións, explicaron as características de parte dos diversos dispositivos vinculados a Polos Creativos como a impresora 3D, cortadora láser, plotter de corte, máquina de chapas e escáner 3D.

 

Obradoiro de chapas

Na semana do 22 ao 26 de abril realizouse unha feira do libro no Instituto na que se realizou un obradoiro de chapas coa máquina de chapas cedida polo CFR. Fixéronse multitude de chapas relacionadas con distintas temáticas e actividades do centro como polos creativos, club de ciencias, petróglifos, feira do libro, etc

Sesión de Formación I. Material de Polos Creativos

Os compañeiros de Tecnoloxía Xurxo e Pablo, en diferentes sesións, explicaron as características de parte dos diversos dispositivos vinculados a Polos Creativos como a impresora 3D, cortadora láser, plotter de corte, máquina de chapas e escáner 3D.

 

Xerador de electricidade

Un dos proxectos enmarcado no programa de Polos Creativos foi a realización dun xerador de electricidade, a partir de motores eléctricos de maneira que pedaleando podes facer que se acenderan as luces dunha árbore.

Conmemoración do día internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Con motivo da celebración do día internacional da Muller e a Nena na Ciencia, fixémos unha actividade en 1º de ESO empregando os Kits singulares enviado pola consellería.

 

 

Polos Creativos

Distribuir contido


by Dr. Radut