Skip to Content

Pagina nueva 1

HORARIO RECUPERACIÓN DE MÓDULOS DE 2ºCURSO DE CICLOS NON SUPERADOS

Noraboa a todo o alumnado do centro que accedeu á FCT  

Este curso é o primeiro que temos alumnado de Erasmus internacional: 7 en Malta e 1 en Italia  

    Desfrutade e aprendede moito !!!!

Para todos aqueles que non accedestes clicade nos adxuntos para ver o horario de recuperación dos módulos 

PRIMAVERA XOVE 2022

ACTIVIDADES DE LECER PARA A XUVENTUDE NOS MESES DE ABRIL E MAIO

Aberto o prazo de solicitudes de participación no programa Primavera Xove 2022 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

O Programa Primavera Xove inclúe:

Estancias de Semana Santa e fins de semana en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos

Encontros formativos e de networking nos campus universitarios de Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo.

Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xove dependentes da Xunta de Galicia.

INFORMACIÓN

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

EXAMES MATERIAS PENDENTES

Clicade no adxunto e podedes descargar o calendario de exames de materias pendentes.

Son o martes 26, o mércores 27 e o xoves 28 de abril pola tarde.

II CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA

 

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Pedro Floriani (Redondela), o IES Mendiño (Redondela) e o IES Cabo Ortegal (Cariño) convocan conxuntamente o II Certame de microrrelato e fotografía Exeria, en honor á primeira escritora galega da que se ten coñecemento.

Consulta as bases que rexerán o concurso no ficheiro que se xunta máis abaixo:

SOLICITUDE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022_2023

OFERTA DO IES PEDRO FLORIANI

PRAZOS:

  • Do 1 ata o 21 de marzo admisión do alumnado
  • Antes do 25 de abril publicación da listaxe provisional de admitidos e excluidos
  • Antes do 15 de maio publicación da listaxe definitiva de admitidos
  • Formalización da matrícula do 27 de xuño ata o 8 de xullo

PROCEDEMENTO:

Pode cubrir a solicitude online na sede da Xunta ou descargala e cubrila, asinala e presentala no Centro ou asinala electronicamente e xa non seria necesario pasar polo Centro.

ENLACE Á WEB DA XUNTA PARA FACER A ADMISIÓN online 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO CENTRO:

NORMATIVA REGULADORA:

  • ORDEN de 18 de diciembre de 2020 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 (código de procedimiento ED550La y ED550B).

  • ORDEN de 25 de enero de 2017 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013.

  • ORDEN de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo , de educación.

  • DECRETO 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

ENTRADA EN VIGOR DOS NOVOS CONTRATOS DE TRANSPORTE ESCOLAR

O día 3 de marzo comezarán a funcionar os novos contratos de transporte escolar da Consellería de Educación. Poden acceder ao mapa das rutas enviadas en novembro pola Consellería no arquivo que se xunta. 

ENTROIDO FLORIANI

ENTROIDO FLORIANI

POLO BENESTAR EMOCIONAL DO ALUMNADO

Os catro institutos de Redondela demandamos a implicación urxente e activa da Administracións sanitarias, sociais e educativas  en materia de prevención e intervención na xestión do benestar emocional  e mental da nosa mocidade nos centros escolares.

 

Neste enlace poden atopar o texto remitido ás Autoridades, que foi apoiado polos Claustros e Consellos e Escolares dos catro centros escolares de Redondela.


Neste enlace poden atopar o artigo publicado na Voz de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut