Skip to Content

Alumnado

HORARIOS curso 2022_23

Clicando na imaxe inferior podedes acceder aos horarios de todos os grupos para o curso 2022_23

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO

PROXECTO RECOLLIDA SOLIDARIA

“ Somos un grupo de estudantes de 1º bacharelato B. Durante a semana do 26 ao 29 de abril (ambos incluídos), organizamos unha recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade no Floriani. Estaremos diante da porta principal durante os recreos. Todas as doazós enviaranse a Cáritas a finais de semana. Por motivos de transporte, non se aceptarán alimentos perecedeiros coma froita, peixe ou carne fresca. Máis, produtos básicos como por exemplo os de hixiene, son benvidos. Se queredes descubrir máis sobre a nosa campaña, podedes visitar o noso Instagram @Florianisolidario2022 ou a nosa web , FlorianiSolidario Toda participación é crucial.

Sexa con doazóns ou difusión, forma parte do cambio!

Moitas grazas e un saúdo. “

(Martín, Raúl, Marina e Roi).

ACTUALIZACIÓN MOODLE

O próximo luns 27 de decembro de 2021 ás 8:00 horas comezará un proceso de actualización do Moodle das aulas virtuais no proxecto Webs Dinámicas á versión 3.9.11. Estimamos que este proceso terá unha duración aproximada de 8 horas.

Para que este proceso de actualización non se vexa afectado polo acceso dos usuarios á aula virtual, esta permanecerá fóra de servizo ata a finalización do mesmo. A páxina web e a galería de imaxes permanecerán dispoñibles en todo momento.

Actualizaranse ademais algúns dos engadidos xa instalados e instalaranse os seguintes novos engadidos:

- Tipo de pregunta Freehand drawing (ETH)

- https://moodle.org/plugins/qtype_drawing - que permite crear preguntas no banco de preguntas dun curso nas que o alumnado ten que facer un debuxo directamente no ordenador.

- Módulo de actividade Taboleiro - https://moodle.org/plugins/mod_board - que permite a creación dun taboleiro colaborativo entre o alumnado do curso.

- Módulo de actividade Creación de preguntas - https://moodle.org/plugins/mod_qcreate/ - que permite crear unha actividade na que o alumnado ten que crear preguntas para o banco de preguntas do curso.

Este proceso de actualización non afecta ao contido actual da aula virtual. Mantéñense os usuarios, as categorías de cursos, os cursos, os contidos e actividades, a matriculación, o traballo do alumnado, as cualificacións, etc.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2021_2022

Dende este enlace pódese acceder ás programacións didácticas de tçodolos departamentos para o curso 2021-22.

Dende este enlace podese acceder as adaptacións das anteriores programacións para poder axustalas a nova normativa deste curso

Alumnado

Distribuir contido


by Dr. Radut