Skip to Content

Taboleiro

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE 1º DE BACHARELATO

I XORNADA DE CONVIVENCIA DO IES PEDRO FLORIANI

Este ano celebraremos a I Xornada de convivencia, organizada polo Equipo de Coordinación de Benestar e Convivencia do IES Pedro Floriani, unha actividade aberta a familias, alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos.
Animádevos!!!


Horarios dos exames das probas libres do ciclo medio de xestión administrativa

Horarios dos exames das probas libres do ciclo medio de xestión administrativa

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE 2º DE BACHARELATO

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA DIXITAL

O alumnado de 2º curso de ciclo básico, ciclo medio e ciclo superior así como o de secundaria de persoas adultas que titule durante este curso 2023-2024, pode inscribirse nunha proba de acreditación de competencia dixital.

É unha proba gratuíta que se realizará no mes de xuño, ao remate da FCT. O prazo de inscrición remata o 22 de maio.

Toda a información podes atopala aquí.

AXUDASLE: Listaxe provisional alumnado admitido e suplente

Publicadas as listaxes definitivas do alumnado seleccionado e suplente das axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024.

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/axudasle

Onte, día 3 de xuño foi publicada a listaxe definitiva de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido na Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24):

Listaxe definitiva e suplentes de 1º BACHARELATO

Listaxe definitiva e suplentes de 2º BACHARELATO

Toda a información sobre as listaxes definitivas e o procedemento a seguir téndelo na aplicación AXUDASLE da Xunta de Galicia no enlace:

https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

Unha vez realizadas as probas por parte do alumnado de 2º de ESO, pasamos á fase de recollida de información mediante os cuestionarios de contexto dirixidos ao alumnado e ás súas familias. Tes toda a información neste enlace.

UNHA SEMANIÑA ENTEIRA

Este ano, dende o Equipo de Dinamización Lingüística, sumámonos ao proxecto #aquítaménsefala, do IES Rafael Dieste de Coruña. Queremos "romper os prexuizos que pretenden dar unha imaxe distorsionada dunha suposta Galicia que non fala galego", como ben indican na propia web desta campaña.

Por eso mesmo, o luns 26 de febreiro comezaremos con... ✨UNHA SEMANIÑA ENTEIRA✨. Unha iniciativa lanzada desde os institutos de Redondela na cal teremos como reto falar galego as 24 horas durante unha semana enteira.

Non te perdas a oportunidade e achégate nos recreos ás actividades que estamos facendo. 

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2024

Publicada a Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en rexime de concorrencia competitiva.

Actualización sobre o proceso de admisión no prazo de reserva (alumnado admitido e non admitido)

Alumnado de 1º ESO

Todo o alumnado dos centros adscritos CEIP Reboreda e CEIP Porto Cabeiro que presentou a reserva de praza para este centro en 1º ESO foi admitido no prazo de reserva (do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro).

O alumnado admitido para 1º ESO deberá presentar o impreso de matrícula do 24 de xuño ao 26 de xuño.

Alumnado de 1º Bacharelato modalidade de Ciencias e Tecnoloxía e de Ciencias Sociais e Humanidades

O alumnado que solicitou a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía ou de Ciencias Sociais e Humanidades dos centros adscritos IES Illa de San Simón e CPI Curros Enríquez non foi admitido no prazo de reserva xa que houbo máis solicitudes que prazas vacantes dispoñibles. Este alumnado terá que presentar unha nova solicitude de admisión no periodo de admisión do 1 ao 20 de marzo.

Coa solicitude de admisión xa poderán achegar toda aquela documentación que demostre os criterios de admisión alegados na solicitude para o baremo. 

Alumnado de 1º Bacharelato na modalidade de Artes Plásticas e Deseño

O alumnado dos centros adscritos IES Illa de San Simón e CPI Curros Enríquez que solicitaron reserva de praza na modalidade de Artes Plásticas e Deseño foi admitido no prazo de reserva.

O alumnado admitido para 1º Bacharelato de Artes Plásticas e Deseño deberá presentar o impreso de matrícula do 27 de xuño ao 1 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut