Skip to Content

Taboleiro

SOPORTE PREMIUM

De xeito remoto a través dunha canle telefónica durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:

  •  A través do número de teléfono 881 86 99 00
  •  De xeito remoto a través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal
  •  A través do WhatsApp no número 604 06 78 56
  •  A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

PRESENTACIÓNS E INICIO CURSO 2023-2024

O tempo estimado de duración para as presentacións será de: 45 minutos.

O alumnado dirixirase ao salón de actos na hora indicada para o seu curso, e despois dunha breve presentación, serán acompañados polo profesorado titor de cada grupo ás súas aulas correspondentes.

Dado que o salón de actos está sito nun lateral do patio central, prégase non atravesar o edificio principal para o acceso a dito recinto.

As clases empezarán o martes 12, en horario habitual para todos os niveis.

AVISO: Non se disporá de transporte escolar o luns. As rutas de transporte comezarán o martes. O alumnado pode solicitar información na presentación se o precisa

Programacións 2022-2023

Clica sobre o enlace para ver a programación de cada materia para o curso 2022_2023

PROGRAMACIÓNS PROENS

CALENDARIO SESIONS DE AVALIACIÓN

Calendario de avaliacións curso 22 23

(Modificado e aprobado no claustro do 16/01/23 segundo ORDE do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG 5 xaneiro 2023)

LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO EN 1º BACH CURSO 2022-23

A listaxe provisional do alumnado admitido para o vindeiro curso 2022/2023, para 1º Bacharelato, pode consultarse dende hoxe no taboleiro de anuncios interior do centro en horario de mañá ou tarde.

As puntuacións detalladas por cada un dos criterios poderán consultarse na Secretaria do centro de 09:00 a 13:00 horas, dende o 26 de abril ata o 02 de maio.

Prazo de reclamación listaxe provisional: Ata o luns 02 de maio de 2022

CONCRECIÓN CURRICULAR e ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022, publicada no DOG do 11 de febreiro, pola que se actualiza a normativa de avaliación en Primaria, ESO e Bacharelato, os Centros educativos de Galicia tivemos que modificar a concreción curricular, as datas de avaliacións, os criterios de promoción e titulación e as programacións didácticas deste curso 2021-2022

Nos seguintes enlaces podedes atopar toda a información que se viu afectada pola ORDE:

CALENDARIO SESIÓNS DE AVALIACIÓNS

CRITERIOS DE PROMOCIÓN, TITULACIÓN e OBTENCIÓN DE MATRICULA DE HONRA

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS

MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR DO CENTRO

CALENDARIO FIN DE CURSO 2021/2022

II CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA

 

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Pedro Floriani (Redondela), o IES Mendiño (Redondela) e o IES Cabo Ortegal (Cariño) convocan conxuntamente o II Certame de microrrelato e fotografía Exeria, en honor á primeira escritora galega da que se ten coñecemento.

Consulta as bases que rexerán o concurso no ficheiro que se xunta máis abaixo:

ENTRADA EN VIGOR DOS NOVOS CONTRATOS DE TRANSPORTE ESCOLAR

O día 3 de marzo comezarán a funcionar os novos contratos de transporte escolar da Consellería de Educación. Poden acceder ao mapa das rutas enviadas en novembro pola Consellería no arquivo que se xunta. 

CONVOCADAS AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2022

London2019

Publicada a Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.

AMPLIACIÓN DO IES PEDRO FLORIANI

O conselleiro de Educación visitou o luns 11 de decembro o IES Pedro Floriani e anunciou que a Xunta de Galicia publicará antes de final de ano as licitacións das obras que permitirán “mellorar as infraestruturas para adaptalas ás novas demandas educativas e sociais” en liña co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. “Queremos que Galicia sexa o mellor lugar para formarse e por iso traballamos para que os nosos colexios e institutos sexan cada vez máis confortables e modernos”, afirmou Román Rodríguez.

A principal actuación anunciada é a ampliación do IES Pedro Floriani, un centro formado por varios edificios que ofertan distintas etapas e modalidades formativas. Neste caso, a Xunta investirá 1,9M€ para ampliar o centro en máis de 700 m2 e dotalo de novos espazos e servizos co fin de reforzar a oferta de Formación Profesional mediante a creación de novas aulas polivalentes e técnicas coa superficie axeitada. Ademais, o proxecto complétase coa substitución das cubertas do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut