Skip to Content

Pagina nueva 1

Decálogo

Decálogo Alumnado


 

O INSTITUTO DEBE OFRECERCHE:

·        Un ensino de calidade.

·        Respecto.

·        Información sobre os teus estudos, as normas de funcionamento do centro, contidos das materias e criterios de avaliación.

·        Orientación sobre saídas profesionais e continuidade de estudos.

·        Bo horario.

·        Boas instalacións.

·        Medios e recursos educativos.

·        Medios de lecer.

·        Atención á túa opinión.

TI DEBES DARLLE AO INSTITUTO:

·        Esforzo no estudo.

·        Asistencia con puntualidade.

·        Atención nas clases.

·        Respecto ás persoas.

·        Respecto ás instalacións.

·        Coñecemento e respecto ás normas.

UTILIZACIÓN DOS ESPAZOS:

·        Durante os períodos lectivos todos os alumnos/as deben permanecer nas correspondentes clases. Non se permitirá estar nos corredores ou espazos abertos do instituto.

·        Se falta un profesor/a débese avisar ao profesor/a de garda (na sala de profesores/as). Baixo ningún concepto os alumnos/as menores de idade poderán abandonar o instituto.

·        A biblioteca permanecerá aberta de 9:50 a 13:40 horas, e a atención aos usuarios/as será todos os días de 11:30 a 12:00 horas.

·        Non se pode fumar en todo o recinto escolar. O uso dos móbiles está determinantemente prohibido.

LEXISLACIÓN:

·        Decreto de dereitos e deberes dos alumnos/as

Distribuir contido


by Dr. Radut