Skip to Content

Familias

OBRADOIRO USO SEGURO DO MÓBIL

Obradoiro sobre o uso responsable dos móbiles para pais e nais de menores adolescentes o 11 de marzo ás 18:30 horas no salón de actos do instituto.

Cómpre anotarse telefonicamente.

XUNTANZA COAS FAMILIAS DE BACHARELATO

A xuntanza de inicio de curso coas familias terá lugar o vindeiro luns día 9 de outubro de 2023, de acordo ao seguinte horario:

  • 18:30 h. 1º de Bacharelato
  • 19:00 h. 2º de Bacharelato

O acto de presentación terá lugar no salón de actos, onde as familias serán acollidas polo equipo directivo, o profesorado titor, a orientadora e un membro da ANPA. Tras unha breve presentación, realizarán un percorrido polo centro guiados/as polo titor/a e logo continuarán a xuntanza na aula de referencia.

Prégase que na medida do posible, só acuda un proxenitor/a de cada alumno/a debido á falta de capacidade do salón de actos.

SOPORTE PREMIUM

De xeito remoto a través dunha canle telefónica durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:

  •  A través do número de teléfono 881 86 99 00
  •  De xeito remoto a través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal
  •  A través do WhatsApp no número 604 06 78 56
  •  A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

CONTACTO ANPA

Contacto ANPA: anpasantamarina.floriani@gmail.com

Información Pase Saídas

A medida é de aplicación para o alumnado menor de idade de ensino post-obrigatorio:

Bacharelato, Ciclos Medios, Ciclo Superior.

  • CONDICIONANTES DE APLICACIÓN E RESPONSABILIDADE:

Os/as proxenitores ou titores legais deben asinar a autorización correspondente e son os únicos responsables das actuacións do  alumnado fóra do recinto escolar.

O permiso será para sair nos recreos ou  para saír a últimas horas /entrar máis tarde en ausencia do profesor/a.

Non se permitirá a saída co carné durante a hora de clase ou entre clases.

 

  • PROCEDEMENTO

SAÍDA POR AUSENCIA PROFESORADO: O alumnado autorizado soamente poderá sair do recinto escolar PREVIA CONFIRMACIÓN E SUPERVISIÓN DO PROFESORADO DE GARDA. Unha vez confirmada a ausencia do profesorado a última/s hora/s, cada alumno/a autorizado/a deberá amosar o carné (“Autorización Saída Recinto Escolar”) xunto co seu DNI ao profesorado de garda, para que lle facilite a apertura de portas e/ou a saída do recinto.

Este tipo de ausencias considéranse xustificadas e non contarán a efectos de perda de avaliación contínua. Se lle aplica a mesma xustificación ao alumnado maior de idade.

SAÍDA DURANTE O RECREO: O alumnado deberá amosar o carné “Autorización Saída Recinto Escolar”, xunto co seu DNI, á persoa de garda de porta antes de saír. O alumnado debe retornar ao centro escolar a tempo para chegar puntualmente ás clases de 4ª hora (que comezan ás 12:00h.) e entrar ordenadamente.

No exterior do recinto o alumnado comprométese a cumplir as medidas de seguridade previstas pola lexislación vixente, e son os/as pais/nais/titores legais os responsables das actuacións deste alumnado fora do recinto escolar.

O incumprimento das normas de organización, funcionamento e convivencia ou o retorno de forma imputual ás clases poderá implicar a perda do dereito ao uso e/ou á devolución do carné de autorización de saída de forma permanente.

BECAS MEC

VÍDEO PRESENTACIÓN

Convocatoria para participar no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e axudas para o MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR CURSO 2018/19
ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19. (DOG 21/MAIO/2018)
PRINCIPAIS DATAS:
Presentación solicitudes Do 22 de MAIO ao 22 de XUÑO
Listaxe provisional solicitudes admitidas/non admitidas 12 XULLO
Reclamación listaxes provisionais 13 e 14 XULLO
Listaxe definitiva solicitudes admitidas/non admitidas 14 SETEMBRO
 PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
Presencialmente: Na secretaría do centro:  ENLACE Á SOLICITUDE
Telemáticamente.- Nos seguintes sitios web:
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA:
Necesariamente, as persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos membros computables unidade familiar).
b) Copia do LIBRO DE FAMILIA onde figuren todos os membros computables.
Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
2º. Certificado ou volante de convivencia emitido polo Concello.
3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Ademais, se é o caso, a documentación xustificativa nos supostos de discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da unidade familia; violencia de xénero no ámbito familiar; acollemento, tutela ou garda do alumno/a, entre outros supostos (Artigo 12 da Orde).
Distribuir contido


by Dr. Radut