2010/11

Representantes dos alumnos no Consello Escolar

O xoves 25 de novembro tiveron lugar as eleccións de representantes do alumnado ao Consello Escolar, saíndo elixidos:

NEREA SUÁREZ SESTELO

HUGO FERNÁNDEZ OLIVEIRA

CRISTINA VAQUEIRO GÓMEZ

Os alumnos/as de 4º da ESO visitan os Pazos de Salceda

O luns 22 de novembro os alumnos de 4º da ESO fixeron un percorrido polos Pazos de Salceda: Aballe, Pegullal e a Casa Grande da Picoña (na foto). Os seus pazos son  a maior riqueza arquitectónica do Concello, e para iso contaron cun dos seus mellores coñecedores, don Español, o gran mestre de matemáticas, que tantos anos adicou aos números pero tamén a coñecer o seu Concello.

Os alumnos/as de 4º da ESO visitan os Pazos de Salceda

O IES Pedras Rubias participa no festival CURTOPÍA

 O IES PEDRAS RUBIAS PARTICIPA NO FESTIVAL DE CURTAMETRAXES “CURTOPÍA” QUE SE CELEBRA DURANTE O MES DE NOVEMBRO EN DISTINTAS SALAS DE VIGO

Tamén len... con Mara

No mes de outubro retomamos as sesións de lectura no recreo no que convidamos a persoas alleas ao Instituto a facer unha lectura pública aos nosos alumnos na biblioteca do centro.

Iniciamos esta sesión no mes de outubro con Mara, profesora do Altamaira, nos deleitou cun breve relato titulado: O conductor de autobús que quería ser Deus, de Etgar Keret. Este relato podedes lelo no blog da biblioteca:

http://biblosvivos.blogspot.com/

Esta semana imos a...

- o mércores 10 de novembro os alumnos de 1º van a Naturnova

- o xoves 11 todo o instituto vai de magosto ao Penedo Redondo

- o venres 12 os de 2º da ESO van ao Verbum (Casa das Palabras)

Powered by Drupal - Design by artinet