2010/11

Recital de Manu Clavijo

No mes de abril visitounos o cantante Manu Clavijo que recreou algúns dos poemas de Lois Pereiro, autor homenaxeado este ano o día das Letras Galegas.

Recital de Manu Clavijo

Máis teatro

Ademais da representación teatral do grupo do instituto os alumnos de 2º e 4º de ESO asistiron este curso a unha dobre representación, en Ponteareas, da compañía "Arela das artes" onde puideron asistir as diferenzas entre unha obra de teatro moderna e experimental, "69", e unha obra de teatro clásico, "Ifixenia en Áulide".

Máis teatro

Mutis polo foro

O 13 de maio o grupo de teatro do instituto, Mutis polo foro, representou a obra "Mutacións" basada en textos de Kafka, Castelao, Billy Wilder, Terrence Mcnally, Javier Tomeo, J.L Aolnso de Santos... Este ano tamén participamos, con esta mesma obra, nos premios de teatro escolar Buero Vallejo.

Mutis polo foro

Maratón de lectura

Como cada ano, o venres 20 de maio, levamos a cabo o maratón de lectura que forma partes das actividades de celebración do Día das Letras Galegas. Iniciou o maratón o alcalde de Salceda, Marcos Besada, e a continuación, en turnos de 5 minutos, foron lendo profesores/as, limpadoras e alumnos/as voluntarios.

Maratón de lectura

Tamén len... final de curso

O xoves 2 de xuño acudiu ao "Tamén len" da biblioteca Calixtina o mestre Manuel Prego Español xubilado o curso pasado. 

Tamén len... final de curso

Tamén len... en abril

No mes de abril visitounos Rosa Vila, exmestra do C.P.I. Altamira onde foi compañeira nosa e profe dunha gran parte dos alumn@s que están agora en 4ºESO, nada máis e nada menos que durante catro cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Tamén len... en abril

Sebi Leal, mellor xornalista xuvenil da Voz de Galicia

O alumno de 1ºC, Eusebio Leal Fábregas, conocido como Sebi, vén de gañar o primeiro premio de xornalismo xuvenil na modalidade de entrevista. A rapeira Aid, que recentemente estivo no instituto impartindo un curso de rap foi a entrevistada. Reproducimos a continuación a entrevista gañadora.

A crise, lembranzas do curso 09/10

 

Vídeo realizado polos alumnos/as de cuarto da ESO do curso pasado, coordinados polo departamento de CCSS, especialmente polo profesor Lois, onde se recolle a opinión de distintas persoas sobre este tema que, desgraciadamente, segue de actualidade.

Solicitude de praza no centro residencial docente de Vigo

Convocatoria para solicitude de praza de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo.
DOG Xoves 12 de maio de 2011, ORDE do 29 de abril de 2011 pola que se convocan prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no próximo curso académico 2011- 2012.

Título de ESO para maiores de 18 anos

Convocatoria para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria para maiores de 18 anos.
Na RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2011 (DOG MÉRCORES, 11 DE MAIO DE 2011)  convocánse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos, nas convocatorias de xuño e setembro.

En resumo os requisitos das persoas aspirantes son:

1.Ter cumpridos 18 anos o día anterior á data de realización da proba.

Powered by Drupal - Design by artinet