Lingua Galega

Salceda de Caselas e a nosa lingua

En Salceda de Caselas remata o mes das Letras Galegas cun acto de reafirmación do galeguismo individual. Ben están os outros que foron convocados arredor da figura de Díaz Castro. Pero de nada servirá que enchamos os andeis das librerías con libros galegos se a maior parte da sociedade galega vive desgaleguizada. A lingua galega ten que procurar outros espazos sociais para que sectores tradicionalmente alleos ao discurso da normalización o fagan seu. Para que isto aconteza cómpre mudarmos o discurso e medios empregados deica hoxe.

Artigo completo

 

Cándido Pazó: O poder da palabra

Nunha actividade organizada por Normalización Lingüística para todos os niveis da ESO, este luns 28 de abril estivo no IES Pedras Rubias Cándido Pazó, a quen podemos presentar como un home de teatro moi completo, pois é actor, director, escritor, adaptador, narrador oral, cómico... cunha longa traxectoria que comezou en Vigo co grupo de teatro "A Farándula".
 
Cándido Pazó: O poder da palabra

Xulia Alonso e o seu Futuro imperfecto

O  luns 14 de maio os alumnos/as de 3º e 4º da ESO  puideron asistir a unha charla moi especial e que nos tocou a todos a sensibilidade ao tempo que nos fixo un pouco máis comprensivos coas doenzas da xente, neste caso concreto, con toda a problemática derivada da sida. Xulia Alonso relata nesta novela o seu sufrimento provocado por esta enfermidade e as súas consecuencias mortais. Unha lección de fortaleza e  loita pola vida.

Xulia Alonso e o seu Futuro imperfecto

Intercambio co IES de Cee

O luns 7 de maio, organizado polo departamento de normalización, os alumnos/as de 3º da ESO visitaron o IES de Cee compartindo amizade cos rapaces e rapazas de alí.

Intercambio co IES de Cee

Viaxe literario por Auria

O venres 4 de maio os alumnos/as de 4º da ESO foron a Auria (Ourense) visitar a catedral e facer o roteiro da Esmorga, puidendo disfrutar do Pórtico do Paraíso e a capela barroca do Santo Criso. Preto do xardín do Posío agardábanos Nati, actriz de Sarabela teatro e profe de galego, para guialos polo roteiro. Acubilladosos baixo a Ponte da Burga, percorreron fontes, igrexas, rúas e ruelas mentres Nati  explicaba diferentes aspectos da novela.
Viaxe literario por Auria

Recital de Manu Clavijo

No mes de abril visitounos o cantante Manu Clavijo que recreou algúns dos poemas de Lois Pereiro, autor homenaxeado este ano o día das Letras Galegas.

Recital de Manu Clavijo

Máis teatro

Ademais da representación teatral do grupo do instituto os alumnos de 2º e 4º de ESO asistiron este curso a unha dobre representación, en Ponteareas, da compañía "Arela das artes" onde puideron asistir as diferenzas entre unha obra de teatro moderna e experimental, "69", e unha obra de teatro clásico, "Ifixenia en Áulide".

Máis teatro

Semana das curtas

Durante o mes de marzo o equipo de Normalización proxectou unha serie de curtametraxes galegas coincidindo coa "Semana das curtas" organizado polo equipo de Dinamización da lingua galega do IES Audiovisual de Vigo e a coordinadora  galega de equipos de normalización. Algúns títulos que se viron foron: Tourettes, Ruxeruxe buratos, Palíndromo, Eu falo Javier...

Semana das curtas

Lola Gándara,e a escura luz do Tíber

O 15 de marzo visitounas a escritora galega Lola Gándara para falarlles aos alumnos de segundo da ESO da súa novela "A escura luz do Tíber".

Lola Gándara,e a escura luz do Tíber

Powered by Drupal - Design by artinet