Educación Física

Liga de recreos 18-19

Unha vez rematadas as ligas de futbol sala e brilé do primeiro trimestre, comezamos o 2º trimestre coas ligas de bádminton

e balonmán. Esperamos ter moita demanda de participantes.

 

CAMIÑO DE SANTIAGO 2018

Durante o 30 e 31 de outubro os alumnos/as de 3º da ESO realizaron dúas etapas do camiño de Santiago. O primeiro día partiuse desde Arzúa para chegar a Arca do Pino, onde se fixo noite. O día seguinte houbo que madrugar para iniciar a etapa final e poder chegar con tempo a visitar a Catedral de Santiago.

CAMIÑO DE SANTIAGO 2018

XII SUBIDA AO PENEDO REDONDO

Como cada ano, e xa van 12, celebramos a XII Subida ao Penedo Redondo solidaria con Oxfam Intermón. Celebrouse o 21 de decembro nun día moi soleado o que propiciou a grande participación por parte do alumnado.

 

LIGAS DE RECREOS

Estamos no terceiro trimestre de celebración de ligas de recreos. Acabamos de terminar a liga de bádminton e imos a pola de baloncesto, voleibol e futbol-7

No primeiro e segundo trimestre xa disputamos as ligas de brilé, futbol sala e balonmán

 

SAÍDA Á INSTALACIÓN DEPORTIVA BE ONE EN SABARÍS

O 18 de abril os alumnos da Materia Promoción de estilos de vida saudables realizaron unha saída a BE ONE ( unha instalación deportiva en Sabarís). Nela puideron facer distintas actividades deportivas como spinning, yoga,... A experiencia foi moi positiva e gratificante.

Viaxe a Andorra

Do 5 ao 10 de marzo o alumnado de 2º da ESO realizou unha viaxe a Andorra para practicar o deporte de inverno por excelencia: o esquí. Cinco días de curso na estación de Pal Arinsal fixeron que os nosos rapaces adquirisen un bo dominio deste deporte. Unha xeración máis de alumnos/as do noso instituto convirtense en expertos esquiadores. E xa non se sabe cantas van!!!

 

                                                                

Viaxe a Andorra

Powered by Drupal - Design by artinet