2013/14

Clasificación Provisional do Entroido

1º PELÍCULA DE UP    81 ptos

2º S Z HIGH SCHOOL   78 ptos

3º MARIO BROS         71  ptos

4º UN PAÍS MARABILLOSO   49 ptos

5º  POLICÍAS E LADRÓNS   48 ptos

6º COPA DO MUNDO  31 ptos

7º OS INCOMPRENDIDOS  19 ptos

 

Esta clasificación aínda non é definitiva xa que podería

ser descalificada algunha comparsa por

incumprimento de normas.

Plan de Froita Fresca

Do 17 ao 21 de  febreiro participamos, por segundo ano consecutivo, no "Plan de consumo de froita fresca" para difundir hábitos alimenticios saudables entre o noso alumnado, repartíndolle cada día da semana unha peza de froita a cada alumno/a. E foi todo un éxito. Agora xa sabedes, a seguir a comer froita todos os días. En maio repetimos a campaña.

 
Plan de Froita Fresca

Charla de Primeiros Auxilios

Os dias 15 e 20 de xaneiro no IES Pedras Rubias realizáronse unhas charlas de Primeiros Auxilios para os alumnos de 3º e 4º da ESO e para os profesores. A Charla foi impartida por Carlos Vales  (Licenciado en Ciencias de la Actividad Fisica y el Deporte, e Coordinador dos Servicios de Socorrismo nas praias do Concello de Vigo),resultando moi interesante .

Podes descargar aquí toda a información sobre PRIMEIROS AUXILIOS

 

Homenaxe aos Mártires de Sobredo

Hoxe xoves, 28 de novembro, os alumnos/as do IES Pedras Rubias de Salceda e dos institutos de Tui, Indalecio Prieto e Sampaio, celebraron a súa homenaxe anual aos mártires de Sobredo cun recital poético e unha ofrenda floral.

Deixámosvos aquí un vídeo do acto do ano pasado:

 

Homenaxe aos Mártires de Sobredo

Te doy mis ojos

Película de Iciar Bollaín, do ano de 2003, sobre a violencia contra as mulleres que proxectamos o luns 25 de novembro para os alumnos/as de 4º de ESO coincidindo co Día Internacional contra a violencia de xénero.

 

Te doy mis ojos

Visita aos Pazos de Salceda

                          

Un ano máis visitamos os fermosos Pazos de Salceda para divulgar entre o noso alumnado o coñecemento destas xoias arquitectónicas que hai no concello de Salceda de Caselas.

Pazos de Salceda

Powered by Drupal - Design by artinet