Acadamos o 2º posto na final do concurso "Ler e escoitar" na modalidade de grupo

Blanca Costas, Mar Rodríguez, Carla Rodríguez e María Sánchez do noso instituto acadaron o segundo posto na final celebrada en Santiago de Compostela. As nosas alumnas acadaron un nivel de lectura excepcional que as fixeron merecedoras de ter acadado o primeiro posto na modalidade de grupo. Pero como o importante e participar, temos que estar moi orgullosas delas. E non nos resta máis que invitarvos a todo a LER E ESCOITAR, que seica somos moi bos e moi boas fancendoo.    Deixamosvos o que publicaron na páxina da xunta sobre o acto que se celebrou en Compostela.

O I Concurso de lectura en voz alta "Ler e escoitar" chegou á súa fase final. O pasado 16 de decembro tivo lugar a sesión prevista, na que os 49 rapaces e rapazas finalistas pasaron as últimas probas, nun acto ben emotivo. Todos os participantes deron mostras dun grande aplomo e saber estar á hora de subir a un escenario e amosaron, sen excepción, grandes habilidades de lectura en voz alta. A selección dos textos escollidos libremente polas lectoras e os lectores sorprendeu pola súa calidade e pertinencia. Foi, en fin, unha mañá longa pero emocionante, dedicada á lectura e aos libros, na que os sorrisos estiveron presentes en todo momento en pequenos e grandes. A narradora Charo Pita, que foi a guía deste acto de exaltación da palabra escrita, pero tamén da oralidade, fixo unha defensa da lectura e da necesidade de escoitar aos outros, de saber escoitar. Houbo tamén tempo para os contos, e como broche final, a entrega de premios con "foto de familia" incluída. Parabéns a todas e todos os participantes

Respecto da categoría na que participou o alumnado de primeiro ciclo da ESO, Janette Freire (IES Pedregal de Irimia, de Meira, Lugo) obtivo o 1º premio na modalidade individual; mentres que Clara Domínguez (IES Sánchez Cantón, de Pontevedra) obtivo o 2º. Por grupo, as alumnas e alumnos da ESO premiados foron Iria Álvarez, Esther Álvarez, María García, Luis Valencia e Tamar Rodríguez (IES Eduardo Blanco Amor, de Ourense) no 1º posto; e Blanca Costas, Mar Rodríguez, Carla Rodríguez e María Sánchez (IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas, Pontevedra) no 2º lugar.

Acadamos o 2º posto na final do concurso "Ler e escoitar" na modalidade de grupo

Powered by Drupal - Design by artinet