Achegamos cuestión referentes ao desenvolvemento do terceiro trimestre. Para calquera aclaración non dubidedes en preguntar ben telefónicamente ben por correo electrónico tanto ao centro como personalmente a cada profesor/a.
-
A actividade lectiva rematará o 19 de xuño.
-
Este curso non haberá regreso ás aulas para ningún nivel de secundaria.
-
-
As tarefas que está a realizar o alumnado dende que se iniciou o estado de alarma sanitaria servirán:
-
Para recuperar a 1ª e/ou 2ª avaliación de estar suspensas.
-
Para recuperar materias pendentes de cursos anteriores.
-
Para subir nota.
-
-
A nota final correspondente a este curso calcularase según as calificacións da 1ª e 2ª Avaliación e tendo en conta as recuperacións e actividades realizadas na terceira, sempre en positivo.
-
-
A promoción de curso e a titulación serán a norma xeral se ben considerarase a repetición/non titulación como medida moi excepcional. Para determinar esta situación terase en conta o grado de adquisición dos obxectivos xerais e o desenvolvemento das competencias clave.
-
Haberá recuperación de materias suspensas en setembro, presencial ou non presencial según instruccións da Consellería para ese momento.
-
O alumnado que promocione con materias suspensas terá que recuperalas en cursos vindeiros.
-
A asistencia ao centro para realizar xestións será sempre con CITA PREVIA , realizaredes as consultas que precisedes telefónicamente.
-
Próximamente procederemos a xestionar a entrega de libros de texto e outro material deixado no centro polo alumnado. Será sempre con CITA PREVIA.
-
Xa está aberto o prazo para a Solicitude de axudas para material escolar e libros de texto :
-
Nuns días vos achegaremos o resumo.
-
Prazo de entregade solicitudes 20/05 a 19/06.
-
Recomendamos presentación telemática das solicitudes.
-
A entrega de solicitudes no instituto será CON CITA PREVIA.
-
-
Como todos os cursos haberá que facer:
-
Devolución dos libros de texto. Xa vos diremos cómo e cando.
-
Matrícula para o curso que vén:
-
Se non hai cambios nas datas:
-
Xuño: 1 a 10 de xullo
-
Setembro: 1 a 10 de setembro
-
-
-
-
Igualmente pendente están as contas das excursións de fin de curso e Andorra. Xa vos indicaremos como resolver o tema.
-
Nestes días o alumnado está recibindo no seu correo electrónico as instrucción de como recuperar tanto as materias pendentes de cursos anteriores como as avaliacións deste curso suspensas. É moi importante que se centren agora neste traballo xa que teñen unha gran oportunidade para aprobar as materias. Animádeos, facédelles seguimento do traballo e comunicádenos calquera dificultade que poida haber. Sabedes que podedes contactar con calquera profesor/a por correo elecrónico.
Adxuntamos en arquivos aparte as instruccións da Consellería :
-
Sobre o desenvolvemento do terceiro trimestre.
-
Sobre a Solicitude de axudas para Libros de Texto e Material Escolar.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instrucions 3 trimestre.pdf | 721.11 KB |
FONDO LIBROS 20 21.pdf | 451.16 KB |