Orientación profesional

Preséntovos unha ferramenta moi útil para axudar a elexir estudos de Formación Profesional chamada Fpbide. É un cuestionario de intereses en formato web de acceso totalmente libre. Consta de dous niveis diferenciados:

- o primeiro para os Ciclos Medios. Dirixido preferentemente ao alumnado dos últimos cursos da ESO

- o 2º nivel dríxese aos Ciclos Superiores.

Toma como referencia profesións e ocupacións relacionadas coas 26 familias profesionais de FP. Ademáis do cuestionario ofrece información sobre os diferentes ciclos( contextualizados en Euskadi) e vídeos explicativos do que vou estudar en cada ciclo concreto.

http://fpbide.com/es/

Powered by Drupal - Design by artinet