Co gallo do Día Internacional da muller, 8 de marzo queremos poñer de relevo actitudes e valores positivos que permitan afrontar a vida con optimismo.
Belén Varela, autora da "Rebelión de las Moscas" 2011, aborda o concepto de optimismo como capacidade de desplegar todo o talento necesario para a consecución das nosas metas.
Alumnado e profesorado de 3º e 4º de ESO disfrutamos dunha charla onde descubrimos as nosas fortalezas.
Resaltouse a importancia da muller no noso pasado galego e a proxección desas fortalezas (humildade, valentía, motivación, apertura ao novo etc )no noso futuro.
" A xente nova en xeral e as mulleres en particular , gozan hoxe duns valores e fortalezas imbatibles capaces de traspasar eses "teitos de cristal" que as veces poden facernos pensar que non podemos acadar os noso soños" Belén Varela.