Tamén len, en marzo con... Natalia

  O venres 23 tivemos a sesión do "Tamén len" correspondente ao mes de marzo. Nela demos a benvida de novo a Natalia, profesora de Matemáticas que traballou con nós ata hai dous cursos e que formaba parte do equipo de biblioteca. 
 

Natalia ofreceunos, coma sempre, a súa alegría e o seu cariño e leunos o primeiro capítulo (cómo non!) do libro "El diablo de los números" de Hans Magnus Enzensberger.

   Sen dúbida o momento estelar da sesión foi cando Natalia, ao finalizar a súa lectura, nos descubriu esta movida e orixinal Cumbia Matemática que arrincou máis dunha gargallada entre os/as asistentes.

Tamén len, en marzo con... Natalia

Powered by Drupal - Design by artinet