Tamén len... 5º aniversario

O día 27 de febreiro pasado facíanse cinco anos da primeira sesión do noso "Tamén len". Por suposto, non podiamos deixar pasar esta data sen celebralo por todo o alto. Un lustro xa...

 

Moitas foron as persoas que ao longo de todos estes anos se prestaron a vir ata a nosa Calixtina para compartir a súa afección polos libros, para engaiolarnos coa súa voz e a súa presenza neses breves momentos de lectura compartida durante o recreo.
De todas elas, cinco (en representación ao número de anos) asistiron ao noso acto especial do 5º aniversario: Rosa Velasco (profesora do CPI Altamira), Darío Hermida (enxeñeiro e ex-alumno do noso centro), Loli Castiñeira (concelleira de Turismo de Salceda de Caselas), Roberto Cameselle (Policía local de Salceda) e Suso Cancela (ATS no centro de saúde da vila). Como non podía ser doutro xeito, o condutor do acto foi o noso excompañeiro José Luís, "inventor" desta marabillosa actividade de fomento da lectura.

Máis información en: http://biblosvivos.blogspot.com/2012/03/tamen-len-5-aniversario.html

Tamén len... 5º aniversario

Powered by Drupal - Design by artinet