Alicia Borrás, autora de Nata y Chocolate

Alicia Borrás Sanjurjo, autora de Nata y Chocolate, visitounos o xoves 2 de febreiro, para falar do seu libro, pero iso non foi máis que unha desculpa para encher todo o noso instituto de cariño, caricias e apertas. Non podemos definir o acto de charla porque desde o mesmo momento en que entraron os alumnos de 1º da ESO no salón de actos houbo un intercambio verbal constante entre autora e lectores. Porque os presentes, lectores/as entusiastas do libro, expuxeron opinións e dúbidas sobre o libro, que Alicia foi respondendo tal  e como é ela, entusiasta, sensible, cariñosa, rebosando paixón pola lectura... Todo rematou cun intercambio de apertas e asinando libros, como podedes ver na foto, aos seus entusiastas lectores, agora xa fieis seguidores que esperan ansiosos a publicación da segunda parte de “Nata y Chocolate”.

Alicia Borrás, autora de Nata y Chocolate

Powered by Drupal - Design by artinet