MAGOSTO TERRORÍFICO

Como en anos anteriores, levouse a cabo un magosto terrorífico, é dicir, unha fusión de dúas festas tradicionais e próximas no tempo: o magosto e o samaín.

Nos días previos, nas aulas de Lingua Galega falouse do magosto tradicional galego e da Santa Compaña e decorouse o vestíbulo do instituto.

Desde o mércores 2 de novembro toda a comunidade educativa se involucrou coa actividade e, por un lado, o profesorado e persoal non docente trouxo leña, picou castañas... e, polo outro, o alumnado, que tamén trouxo castañas, fixo cucuruchos, foi traendo calacús e receitas escritas elaboradas con produtos de outono (castañas, noces, calacús...).

 

 

O xoves 10 o alumnado aportou as sobremesas correspondentes ás receitas escritas que xa entregara previamente. Logo da valoración do xurado, o alumnado puido degustalos.

 

O venres 11, día de san Martiño, desde as once da mañá ata as dúas, o alumnado, organizado por niveis, saíu en procesión a modo de Santa Compaña por sendeiros da contorna ata o Cruce dos Sete Camiños.

No traxecto de ida tivo que pasar por dúas zonas decoradas con elementos de medo (candeas, cirios e candís acesos, música tenebrosa, calacús...) onde profesorado voluntario agochado o agardaba para meterlle sustos; de regreso, á altura do cemiterio de Parderrubias, de novo o grupo voluntario de profesorado, esperábao para facerlle unha breve representación teatral teatral baseada na obra de Pepe Peinó Bruxas, vampiros, trasnos e fantasmas. O espectáculo foi adobiado  pola potente voz de Eva Carreras, a profesora de Educación Física, que cantou a canción É noite de samaín.

Vídeo 1

Vídeo 2

Vídeo 3

Vídeo 4

 

De regreso ao instituto desfrutaron do tradicional magosto no campo de terra.

 

Premiouse a aula que mellor respectou as bases da convocatoria e que mellor organizou a actividade atendendo aos 4 aspectos seguintes: calacús, receitas escritas, sobremesas elaboradas e procesión da Santa Compaña ao Cruce dos Sete Camiños.

 

O grupo gañador resultou 1º ESO C, da titoría de Loli Calvo, que acadou un total de 372 puntos.

 

 

O premio consistirá nunha xornada de xogos populares no patio do instituto acompañada de merendola na cafetería.

 

Parabéns! Fixestes un gran traballo!!

 

EDDLG principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet