AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 20/21

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO INSTITUTO

 

  • ANEXO I. Solicitude

  • ANEXO II. Comprobación de datos da unidade familiar

  • Copia do Libro de familia, páxinasonde figuren todos os membros da unidade familiar computables. Presentar Libro de Familia orixinal.

 

ANEXOS I e II:

  • PODEDES DESCARGALOS E IMPRIMILOS.

  • Podedes descargalos en SERNEL, Librería LEMOS e Librería DONA

  • Recollelos no instituto (con cita previa).

 De ser o caso:

  • Se con data 31 de decembro de 2018 a unidade familiar computable para a renda non coincide co libro de familia ou ben non se ten o libro de familia presentar algún dos seguintes documentos:

    • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.

    • Certificado ou volante de convivencia.

    • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello onde resida.

 

  • Grao de discapacidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia

  • Violencia de xénero: Acredítase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

  • Incapacidade xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada: Resolución xudicial.

 

No caso EXCEPCIONAL de non autorizar a comprobación telemática da renda:

  • Copia e orixinal da Declaración da Renda do exercicio 2018

  • Copia e orixinal dos D.N.I.s de todos os membros da unidade familiar.

 

Recomendamos a comprobación telemática para non ter que presentar esta documentación e que sexa a aplicación quen faga o trámite e non o personal do centro.

 PRAZO DE PRESENTACIÓN ATA O 19 DE XUÑO – PEDIR CITA PREVIA NO 886 120 550

 Para máis información premer sobre os seguintes enlaces:

IMPRESOS: Anexos I e II

INSTRUCIÓNS FONDO DE LIBROS

ORDE DA CONSELLERÍA QUE REGULA O PROCEDEMENTO

Powered by Drupal - Design by artinet