ACLARACIÓNS PARA AS FAMILIAS SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE

Achegamos cuestión referentes ao desenvolvemento do terceiro trimestre. Para calquera aclaración non dubidedes en preguntar ben telefónicamente ben por correo electrónico tanto ao centro como personalmente a cada profesor/a.

 

  • A actividade lectiva rematará o 19 de xuño.

  • Este curso non haberá regreso ás aulas para ningún nivel de secundaria.

  • Avaliación:

    • As tarefas que está a realizar o alumnado dende que se iniciou o estado de alarma sanitaria servirán:

      • Para recuperar a 1ª e/ou 2ª avaliación de estar suspensas.

      • Para recuperar materias pendentes de cursos anteriores.

      • Para subir nota.

    • A nota final correspondente a este curso calcularase según as calificacións da 1ª e 2ª Avaliación e tendo en conta as recuperacións e actividades realizadas na terceira, sempre en positivo.

  • A promoción de curso e a titulación serán a norma xeral se ben considerarase a repetición/non titulación como medida moi excepcional. Para determinar esta situación terase en conta o grado de adquisición dos obxectivos xerais e o desenvolvemento das competencias clave.

  • Haberá recuperación de materias suspensas en setembro, presencial ou non presencial según instruccións da Consellería para ese momento.

  • O alumnado que promocione con materias suspensas terá que recuperalas en cursos vindeiros.

  • A asistencia ao centro para realizar xestións será sempre con CITA PREVIA , realizaredes as consultas que precisedes telefónicamente.

  • Próximamente procederemos a xestionar a entrega de libros de texto e outro material deixado no centro polo alumnado. Será sempre con CITA PREVIA.

  • Xa está aberto o prazo para a Solicitude de axudas para material escolar e libros de texto :

    • Nuns días vos achegaremos o resumo.

    • Prazo de entregade solicitudes 20/05 a 19/06.

    • Recomendamos presentación telemática das solicitudes.

    • A entrega de solicitudes no instituto será CON CITA PREVIA.

  • Como todos os cursos haberá que facer:

    • Devolución dos libros de texto. Xa vos diremos cómo e cando.

    • Matrícula para o curso que vén:

      • Se non hai cambios nas datas:

        • Xuño: 1 a 10 de xullo

        • Setembro: 1 a 10 de setembro

  • Igualmente pendente están as contas das excursións de fin de curso e Andorra. Xa vos indicaremos como resolver o tema.

  • Nestes días o alumnado está recibindo no seu correo electrónico as instrucción de como recuperar tanto as materias pendentes de cursos anteriores como as avaliacións deste curso suspensas. É moi importante que se centren agora neste traballo xa que teñen unha gran oportunidade para aprobar as materias. Animádeos, facédelles seguimento do traballo e comunicádenos calquera dificultade que poida haber. Sabedes que podedes contactar con calquera profesor/a por correo elecrónico.

 

 

 

Adxuntamos en arquivos aparte as instruccións da Consellería :

 

  • Sobre o desenvolvemento do terceiro trimestre.

  • Sobre a Solicitude de axudas para Libros de Texto e Material Escolar.

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Instrucions 3 trimestre.pdf721.11 KB
FONDO LIBROS 20 21.pdf451.16 KB

Powered by Drupal - Design by artinet