Tamén len... final de curso

O xoves 2 de xuño acudiu ao "Tamén len" da biblioteca Calixtina o mestre Manuel Prego Español xubilado o curso pasado. 

 

Español, foi presentado por Nerea e Alexandra (4ºC) que, xunto a Iván Lorenzo (4ºC) redactaron este comentario.

 

Leunos tres episodios dun libro antigo titulado "Corazón"(1886) de Edmundo Amicis. O libro é o diario dun neno, Enrique, durante un curso escolar. Español comentounos que o exemplar rescatárao dun colector do lixo no colexio C.R.A da Picoña cando chegou a Salceda a dar clase. Tamén nos dixo que daquela era lectura obrigatoria nos colexios e que máis tarde o prohibiran por motivos políticos.

 

Recomendounos para ler un libro do mesmo autor titulado "Novela de un maestro" e logo adicámonos a falar de todo un pouco e a gozar de novo coa súa compaña.

Tamén len... final de curso

Powered by Drupal - Design by artinet