Proxecto Mocidade Online

Os alumnos/as do IES Pedras Rubias participarán ao longo do mes de maio no Proxecto Mocidade Online, un estudo sobre o aproveitamento que os mozos e mozas galegos/as fan de Internet e as Novas Tecnoloxías. Polo que cubrirán unha enquisa da que posteriormente poderermos tirar interesantes datos que xa vos daremos a coñecer.

Boa navegación!

Proxecto Mocidade Online

Contacontos: Os siareiros da Palabra

Os días 9, 10 e 11 de abril os SIAREIROS DA PALABRA do Club de Lectura saimos de xira para representar contos dos irmáns GRIMM para os maís pequenos dos CRA de Salceda, nunha actividade de CONTACONTOS programada este curso como colaboración entre o noso instituto e o CRA.
Contacontos: Os siareiros da Palabra

Cándido Pazó: O poder da palabra

Nunha actividade organizada por Normalización Lingüística para todos os niveis da ESO, este luns 28 de abril estivo no IES Pedras Rubias Cándido Pazó, a quen podemos presentar como un home de teatro moi completo, pois é actor, director, escritor, adaptador, narrador oral, cómico... cunha longa traxectoria que comezou en Vigo co grupo de teatro "A Farándula".
 
Cándido Pazó: O poder da palabra

El camino de los sentidos

Esta maña proxectouse para o alumnado de 3º e 4º da ESO o documental "El camino de los sentidos" en presenza dos seus protagonistas, Gerardo e Javier. Un mozo xordocego que en compaña do seu amigo Javier fixo o camiño de Santiago no ano 2009 en bicicleta dende Roncesvalles. A tenrura, a risa e os bicos de Gerardo encheron de vitalidade o noso instituto.

Amplo artigo sobre esta actividade no Blog da Biblioteca

"Me pregunto qué pasaría si de repente pierdo el sentido del oído y de la vista. Cierro los ojos y me pongo unos tapones en los oídos para imaginármelo. Nada. La nada. En mi mente se confunde una sábana negra y el más profundo silencio. Pero hay vida. Mi corazón sigue latiendo y ello me impulsa a querer superarme a mí misma. Pongo mi mano en el pecho y siento los latidos. Rítmicos, fuertes. Como la esperanza y el saber que sí se puede seguir adelante con la ayuda de los demás y de mí misma. Y sobre todo, sabiendo que ese corazón continuará guiándome hasta el fin de mis días."

Helen Keler, escritora estadounidense xordo-cega

Podedes ver o trailer do documental.

 

 
 

 

Clasificación definitiva ENTROIDO 2014

1º PELÍCULA DE UP    81 ptos

 

2º MARIO BROS         71  ptos

 

 

3º UN PAÍS MARABILLOSO   49 ptos

 

4º  POLICÍAS E LADRÓNS   48 ptos

 

5º COPA DO MUNDO  31 ptos

 

6º OS INCOMPRENDIDOS  19 ptos

 

 S Z HIGH SCHOOL: Descalificados

Mulleres Motivadas, Mulleres Inspiradas con Belén Varela "Un diálogo co noso futuro"

Co gallo do Día Internacional da muller, 8 de marzo queremos poñer de relevo actitudes e valores positivos que permitan afrontar a vida con optimismo.

Belén Varela, autora da "Rebelión de las Moscas" 2011, aborda o concepto de optimismo como capacidade de desplegar todo o talento necesario para a consecución das nosas metas.

Alumnado e profesorado de 3º e 4º de ESO disfrutamos dunha charla onde descubrimos as nosas fortalezas.
Resaltouse a importancia da muller no noso pasado galego e a proxección desas fortalezas (humildade, valentía, motivación, apertura ao novo etc )no noso futuro.

" A xente nova en xeral e as mulleres en particular , gozan hoxe duns valores e fortalezas imbatibles capaces de traspasar eses "teitos de cristal" que as veces poden facernos pensar que non podemos acadar os noso soños" Belén Varela.

 

 

Mulleres Motivadas, Mulleres Inspiradas con Belén Varela "Un diálogo co noso futuro"

Semana Branca en Andorra

Do dez ao catorce de marzo os alumnos e alumnas de 2º da ESO iniciáronse na práctica do esquí na estación de Pal-Arinsal, en Andorra. Todos demostraron as súas habilidades na práctica deste deporte invernal.

Sorteo Rifas Andorra

NÚMEROS PREMIADOS

 

1º PREMIO: 08313

2º PREMIO: 05965

3º PREMIO: 11619

Clasificación Provisional do Entroido

1º PELÍCULA DE UP    81 ptos

2º S Z HIGH SCHOOL   78 ptos

3º MARIO BROS         71  ptos

4º UN PAÍS MARABILLOSO   49 ptos

5º  POLICÍAS E LADRÓNS   48 ptos

6º COPA DO MUNDO  31 ptos

7º OS INCOMPRENDIDOS  19 ptos

 

Esta clasificación aínda non é definitiva xa que podería

ser descalificada algunha comparsa por

incumprimento de normas.

Powered by Drupal - Design by artinet