Normalización Lingüística

Contos de medo... por Quico Cadaval

O venres 4 de novembro visitounos o polifacético Quico Cadaval para contarnos historias de terror, de medo... coincidindo coa celebración do "magosto terrorífico" que por mor da chuvia tivemos que adiar. Pero ben agochados da chuvia, no noso acolledor salón de actos, disfrutamos das súas narracións. Unha pena non ternos desprazado até o muíño de Pantel, onde vestidos de pantasmas e outros seres sobrenaturais tiñamos pensado acompañar a Quico, axudando a ambientación das súas historias.

 

Pese a todo a contada de Quico non defraudou. Primeiro reflexionou sobre a moralidade dos contos tradicionais, dandonos unha versión moi particular de contos clásicos como o da "Caperuchiña vermella", "Hansel e Gretel" e "Brancaneves e os seu ananos". Despois continuou coas narracións onde o fantasmagórico e o terrorífico eran os grande protagonistas. Moito medo se pasou!!!

Contos de medo... por Quico Cadaval

ENQUISA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Enquisa sociolingüística para os pais/nais, alumnado e profesorado do IES Pedras Rubias

Os datos requiridos nesta enquisa son solicitados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para poder levar a cabo unha axeitada Planificación Sociolingüística do Centro.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

É TOTALMENTE ANÓNIMA

 

Enquisa pais/nais

Enquisa alumnado

Enquisa profesorado

Powered by Drupal - Design by artinet