2011/12

VI Subida ao Penedo Redondo por Zambia

Este ano celebrouse a VI Subida ao Penedo Redondo de axuda a Zambia. Entre o alumnado e o centro recaudáronse un total de 600€

Este ano contamos coa presenza do atleta marroquí OMAR EL OUMARI. Tamén recibimos a visita de varios exalumnos onde o gañador desta categoría foi David Alonso.

Entre os profes que tamén se animaron a participar correndo estan : Fernando, Juan Carlos, Mª José e Xavier .

O tempo axudou a que esta actividade resultase moi agradable.

Moitas grazas a todos pola vosa participación e colaboración

Os gañadores este ano foron:

VI Subida ao Penedo Redondo por Zambia

Entroido 2012

O venres 17 de febreiro saimos polas rúas de Salceda, xunto aos demais centros escolares do concello, para facer un vistoso e colorido desfile. Houbo gran variedade de temas pero todos os disfraces cunha gran elaboración. Non puido faltar a cita anual dos profes, que aínda que na foto non se vexa moi claro, parece que querían reivindicar as próximas Olimpiadas para Salceda, ou sería outra a temática?

Entroido 2012

Tamén len... en decembro con... Kiko

Rematamos o ano 2011 cunha sesión musical, xa que o martes 13 de decembro acompañounos un integrante da Banda de Música Municipal de Salceda, Kiko, que leu un fragmento do relato "Un saxo na néboa" de Manuel Rivas. Disfrutádeo.

Tamén len... en decembro con... Kiko

Tamén len...con Rubén en xaneiro

 

Na sesión do Tamén len do 31 de xaneiro tivemos con nós a Rubén Rodríguez, o noso benquerido administrativo que nos veu ler un relato curto de Edgar Allan Poe titulado "Silencio". 

Silenciosa foi a nosa escoita, mentres Rubén, cunha potente e suxestiva entoación, conseguía poñernos a pel de galiña con tan terrorífica lectura. 

O posterior coloquio serviunos para coñecer máis a fondo ao noso compañeiro; qué tipo de alumno foi el no instituto, cómo se aprecia o ambiente do Centro desde a secretaría e as súas afeccións: a música, o deporte (sobre todo correr) e  a lectura. Contounos que lle encanta tocar a guitarra e compoñer as súas propias letras, que ás veces lle engade outros sons e grava as mesturas e confesounos que aínda que actuou en público algunha vez, lle pode o pánico escénico.

Foi un gran pracer escoitarte, Rubén! A próxima vez queremos, ademais, un concerto. Moitas grazas.
Tamén len...con Rubén en xaneiro

VI Certame de Recolla da tradición oral galego-portuguesa

Xa está aberto o prazo para inscribirse no certame de recolla de contos. Animádevos e participade. Nos próximo días iremos colgando videos de profes contando relatos tradicionais. Ti tamén podes facer o mesmo.

VI Certame de Recolla da tradición oral galego-portuguesa

CONVOCATORIA 2012: PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR.

Na seguinte ligazóns podedes atopar a Convocatoria 2012 das Probas de Acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior:

http://www.edu.xunta.es/fp/node/10471

Calendario das probas de acceso para a convocatoria actual:

http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Probas%20acceso/2012/calendario_probas__web__2012.pdf

Mártires de Sobredo

Un ano máis cumprimos coa nosa obrigada cita coa historia e o luns 28 de novembro os alumnos de 4º s eso foron a Sobredo a recordar aos tres veciños que en novembro de 1922 morreron por defender a outro que se negaba a pagar os foros. As forzas represivas dispararon contra a concentración veciñal e caeron as tres vítimas.

Mártires de Sobredo

Mar e verbas

Os alumnos de 2º da ESO fixeron o pasado xoves 15 de decembro unha dobre visita na cidade de Vigo, podendo disfrutar da oferta cultural e científica do Museo do Mar e da Casa das Palabras, Verbum. Unha visita moi completa. Mar e verbas.

Mar e verbas

Os alumnos de 1º da ESO visitan Naturnova

O xoves 17 e o venres 18 de novembro os alumnos/as de 1º da ESO visitaron Naturnova, un Centro interactivo de educación medioambiental que trata de presentar de forma clara e resumida o noso medio ambiente. O seu principal obxectivo é estimular o coñecemento do mundo que nos rodea e a difusión da súa importancia, co fin de que aprendamos a valoralo, respetalo e querelo.

Os alumnos de 1º da ESO visitan Naturnova

Powered by Drupal - Design by artinet