Para conmemorar o Día das Bibliotecas o mesmo luns 24 de outubro durante a hora de lectura (de 10.10 a 11.00 h.) alumnado voluntario de todos os niveis fixo un programa especial de radio.
Léronse fragmentos da obra de Francisco Fernández del Riego, autor que será homenaxeado nas Letras Galegas 2023.
Púidose seguir en directo na canle de youtube "Onda Raia Pedras Rubias".
Ademais, na porta da biblioteca houbo agasallos literarios para todos/as.