2016/17

2016/17

Entroido 2017

Un ano máis chegou o entroido, a actividade que máis gusta ao noso alumnado. Dende as semanas anteriores a entrega é total para preparar a súa comparsa o millor posible. Iste ano ademais dos premios de outros anos engadimos o de comparsa máis ecolóxica/económica, xa que non está reñido pasalo ben e lucir bos traxes co reciclaxe e a sostenibilidade do medio ambiente. Por suposto que os profes tamén o deron todo no desfile polas rúas de Salceda de Caselas. Aínda que non os recoñezades son os da foto.

PREMIOS

1º premio: OS CONTOS

Máis marchosa: PESCADORES

Económica/ecoloxica: EQUIPO A

Orixinal: TV GALEGA

Podes disfrutar de todas as fotos na conta de Instagram do instituto: iespedrasrubias

Entroido 2017

Dez anos do Tamén Len

O martes 15 de febreiro tivo lugar unha sesión moi especial do Tamén Len. Celebrábamos dez anos do inicio desta actividade a prol do fomento da lectura, converténdose nunha das actividades máis queridas no noso institiuto. Toda a información no blog da Calixtina.

Dez anos do Tamén Len

Día Mundial da Radio

O 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radiio, e dendo Ondarraia quixemos participar elaborando un programa especial "O misterio da radio de Sabeliña" no que se homenaxea a radio ao longo do tempo. Este programa será incorporado a unha plataforma de Radios Escolares que dende Ponte nas Ondas inicia o seu camiño nestes días. Disfrutade do programa:

Día Mundial da Radio

Tamén len... en xaneiro con Leticia

O xoves 26 de xaneiro tivemos unha sesión do Tamén Len... moi  musical, cunha invitada moi elegante. Leticia Calvo, exalumna de Altamira, psicóloga de profesión, e filla do noso querido excompañeiro e primeiro bibliotecario da Calixtina, Jose Luis Calvo.

Máis información no blog da Calixtina

Tamén len... en xaneiro con Leticia

Os Quinquilláns: Cousas

O martes 31 de xaneiro todo o alumnado do IES Pedras Rubias asistiu, no Auditorio do Concello, a unha adaptación teatral do libro Cousas de Alfonso R. Castelao. Por iniciativa da editorial Galaxia a compañía teatral "Os Quinquilláns" adaptaron o texto de Castelao, que previamente foi traballado nas aulas dende a materia de Lingua galega.

Máis información no blog da biblioteca

Os Quinquilláns: Cousas

A Coruña: Domus e Acuario

Organizado polos departamentos de Ciencias o alumnado de 3º da ESO acudiu este luns, 6 de febreiro, até A Coruña para visitar o Acuario e o Domus, onde estiveron moi entretidos realizando distintas unidades didácticas que alí lles foron indicando. A experiencia foi moi positiva xa que sempre é satisfactorio comprobar os coñecementos científicos aplicados á realidade.

A Coruña: Domus e Acuario

Plan de consumo de froita fresca

Dende o luns 6 de febreiro ate o venres 10 participaremos no “Plan de Froita nas Escolas” polo que cada día se lle facilitará ao alumnado unha peza de froita fresca para consumir durante o recreo. O obxectivo de dito plan é, a curto prazo, potenciar o consumo destes produtos pola xuventude e, a longo prazo, tratar de desempeñar un papel pedagóxico nos hábitos alimentarios, constituíndo unha auténtica acción educativa destinada a fomentar nas escolas o hábito de consumo de froita. Durante os meses de abril e maio participaremos novamente neste Plan cun novo reparto gratuíto de froita fresca durante unha semana.

Plan de consumo de froita fresca

Powered by Drupal - Design by artinet