Normalización Lingüística

Entrega de Premios do Concurso de Marcapáxinas

O pasado mércores 23 de maio fíxose entrega durante o recreo na Biblioteca dos premios do Concurso de Marcapáxinas.

Preme para coñecer as gañadoras.

Noraboa rapazas!

Principal.png

Letras Galegas 2018

Para conmemorar as Letras Galegas leváronse a cabo diferentes actividades: 

o   Exposición na biblioteca da obra da autora homenaxeada, Mª Victoria Moreno.

o   Exposición de cartaces polos corredores remitidos pola Consellería de Educación que presenta a vida e a obra da autora.

o  Lectura ao longo do curso 2017-2018 dunha obra da autora (1º de ESO escollerá entre Leonardo e os fontaneiros ou Mar adiante; 2º, 3º e 4º de ESO, Anagnórise).

o   Investigación sobre a vida e a obra da autora de todos os cursos nas clases de Lingua Galega.

o   Concurso de marcapáxinas: o alumnado participante deseñou un marcapáxinas no que incluíu un pequeno fragmento literario pertencente á calquera obra da autora, por unha banda, e unha ilustración orixinal en referencia á mesma pola outra. 

o    Maratón de lectura: o 16 de maio fíxose a lectura ininterrompida en voz alta do libro Anagnórise durante o horario lectivo, na que participaciparon alumnado, profesorado, ex-profesorado e persoal non docente aos que se agasallou cun diploma.

 

 

Principal.png

Xogos Populares no IES Pedras Rubias 2018

As persoas sempre xogaron e durante toda a vida se xoga, aínda que os xogos cambien. Xógase de neno, de adolescente, de adulto e de vello. O obxectivo é entreterse e divertirse.

O xogo tradicional forma parte da nosa cultura e da nosa identidade como galegos/as. Transmitiuse sempre de xeración en xeración, pero hoxe en día esa transmisión é menor, pois o xogo tradicional vai cara unha desaparición progresiva.

Porén, nos últimos anos, xurdiron asociacións interesadas na recuperación dos xogos populares.

No IES Pedras Rubias tamén quixemos promover e conservar o noso patrimonio inmaterial a través dos xogos tradicionais. Con esta finalidade o Equipo de Dinamización da Lingua e o Departamento de Educación Física quixo introducir durante unha semana (do 23 ao 27 de abril) os xogos populares. Foron un total de 25 xogos que nos prestou a Concellaría de Xuventude do Concello do Grove, á que deste estes medios damos as grazas.

 

 

Xogos Populares no IES Pedras Rubias.

Principal.png

Leo Arremecaghoná

O xoves 22 de febrero contamos co espectáculo do cantautor punk Leo Arremecaghoná, nome do proxecto musical de Leonardo Fernández Campos, artista polifacético, filólogo e poeta.

No espectáculo o autor caracterizou tres personaxes membros da familia Arremecaghoná. A través das súas voces foinos deleitando con temas reivindicativos co idioma galego e de protesta, pero tamén versionou a Rosalía de Castro, co fin de festexar o Día de Rosalía de Castro.

Principal.png

Enquisa uso do galego

Preme no seguinte enlace e cubre a enquisa sobre o uso do galego

 

ENQUISA ALUMNADO DO IES PEDRAS RUBIAS

Magosto terrorífico

O martes 31 de outubro tivo lugar o magosto terrorífico do IES Pedras Rubias. Desprazámonos até ao muíño de Pantel onde asistimos a unha pequena representación dunha escena de resurrección de mortos. O alumnado ía vestido para a ocasión. Posteriormente celebramos un magosto no campo de terra do instituto.

Magosto terrorífico

Entre un galo e... un polbo

Actuación de Avelino González polo día das Letras Galegas.

 Con motivo das celebración das Letras Galegas, contamos coa súa visita no mes de maio. O martes 16 contou para os de 3º e 4º ESO e o xoves 19 para os de 1º e 2º ESO.

 En ambas sesións,  Avelino contou, en clave de humor,  parte da vida de Casares, esa que non está escrita nos libros nin na súa biografía literaria. Nunha hora de duración, aproximadamente, contou feitos, sucesos  e anécdotas vividas e escoitadas por Casares, focalizándoas dentro das súas obras e narrándoo de forma moi amena e  divertida.  Deunos a coñecer ese Casares persoa, humano,  que facía trasnadas de mozo, que namoraba, que se divertía cos amigos, que xogaba, que tiña vicios, que escoitaba á xente... amosando como, ademais de un gran escritor, era un referente na cultura,nas novas tecnoloxías e que, ao mesmo tempo, facía entenderse por calquera.

 En ambas contadas, ademais de introducir as anécdotas de Casares, fíxolles entender ao alumnado, con ironía e humor, que os valores humanos son tan importantes como os académicos, Tocou temas transversais e valores tan importantes como a tolerancia, a igualdade entre sexos, os perigos das novas tecnoloxías, a xenofobia, a humildade, a importancia de ler... todos presentes nos libros de Casares e que Avelino soubo transmitirlle aos alumnos/as a través das súas palabras, xestos, e sentido do humor.

 

Entre un galo e... un polbo

Powered by Drupal - Design by artinet