GAÑADORA DO VI CERTAME DE FOTOGRAFÍA “IMAXES DO PATRIMONIO”

A pesar de que rematasen as vacacións, da calor, das obras, de comezar en luns… no IES Pedras Rubias dámoslle a benvida ao novo curso da mellor das maneiras posible, posto que a alumna Martina González Rodríguezde 2º ESO A acaba de resultar gañadora do 1º premio na categoría de Ensino Secundario no VI Certame Imaxes para o Patrimonio de Recollida de Fotografías do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, baixo o título“No Carballiño as mulleres si saben dan malleiras”.

 

Esta fotografía foi tirada en Santa María de Arcos, en O Carballiño (Ourense) no ano 1940.

Nela aparecen as polbeiras de Arcos mazando polbos para máis tarde secalos e así poder conservalos ata o día da feira.

A que está de xeonllos collendo dunha ola un polbo é a miña bisavoa Sira.

Con esta tradición tan típica de O Carballiño continuou logo o seu fillo, o meu avó paterno, e na actualidade, o meu pai.

Está claro que, se por tradición é, a min non me vai tocar outra que ser polbeira!

 

 

Aínda descoñecemos a data na que se fará a entrega de premios, pero si sabemos que a nosa gañadora e a súa familia recibirán un ordenador portátil. Parabéns!!

Tamén queremos agradecer as achegas do resto do alumnado participante: Mariña Alonso Rodríguez, Elena Barreiro Besada, Brais Fernández Castiñeira, Hannah Framiñán Videira, Miguel Soengas Fernández e Yasmín Suárez Besada. Toda a comunidade do IES Pedras Rubias séntese moi orgullosa de vós. 

Agardamos que sigades a recoller fotografías antigas das vosas familias para poder contar con vós na seguinte edición! 

Libros de Texto 2023-24

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO Curso 23/24

Antes do 19 de xullo o ISBN dos libros de Xeografía e Historia de 1º e 3º da ESO estaba incorrecto, neste novo documento xa aparecen correxidos.

 

BANCO DE LIBROS DA ANPA  Curso 23/24

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información e podedes descargar o impreso de solicitude

XANTAR LITERARIO NO MONTE ALOIA

 O pasado xoves 15 de xuño o alumnado do club de lectura clausurou o curso facendo unha excursión literaria ao Monte Aloia (Tui).

 

 

Logo dunha camiñata asfixiante ladeira arriba ata a zona do merendoiro, houbo tempo para o lecer compartindo xogos de mesa da biblioteca.

Despois do xantar, houbo un emotivo coloquio literario no que cada compoñente do club de lectura expuxo o seu libro preferido e fixo recomendacións de lectura para a inminente época estival.

  

  

Seguidamente, fíxose un pequeno percorrido ata o punto máis alto para contemplar as fermosas vistas.

E xa para finalizar e adozar se cabe aínda máis a xornada, degustáronse uns saborosos e fresquiños xeados que axudaron a entoar cánticos no traxecto de volta no autobús.

Bonita convivencia que permanecerá no recordo dos compoñentes do club de lectura 22/23.

 

EDDLG principal.png

Admisión Ciclos

 

 

                                 INSTRUCCIÓNS           DATAS          IMPRESO SOLICITUDE

 

 

 

CONCURSO RELATO CURTO MAIO

A piques de rematar o curso e coas axendas cheas de exames, traballos e proxectos de verán, a nosa querida e incondicional Lucía Fernández non cesou na súa constancia e perseveranza, e volveu participar no concurso de relato curto.

Pero a sorpresa foi maiúscula porque nesta edición tamén se estreou Esteban Oliveira.

No seguinte enlace podedes deleitarvos coas súas lecturas:

3º A

3º C

Noraboa e moitas grazas a ambos.

Ata ao próximo curso!!

CONCURSO RELATO CURTO MAIO

Powered by Drupal - Design by artinet