2014/15

Lecturas terroríficas

O pasado 13 de novembro celebrouse na Biblioteca Calixtina unhas sesións de lectura terroríficas.

Conulsta máis información no blog da biblioteca.

Lecturas terroríficas

Entrega dos Premios Ondas

Hoxe, martes 25 de novembro, no Palau de la Música de Barcelona, a partir das 20h entregas dos Premios Ondas, onde Ponte nas Ondas, proxecto educativo e radiofónico no que participa o noso instituto dende hai moitos anos recollerá o Premio Ondas na categoría de"mellor cobertura informativa". Mañá teremos unha conexión en directo coa profesora Flori, que asistirá á entrega, para que nos conte todos os detalles.

Podedes ver a gala en directo por televisión pola cadena "Divinity" e pola cadena "Ser" a partir das 20h.

Entrega dos Premios Ondas

Recital "Poesía e Ciencia"

O pasado xoves 30 de outubro celebrábase o día das Bibliotecas, polo que dende o Club de lectura organizouse un recital de poesía que xirou arredor do lema da biblioteca para este curso: "Poesía e Ciencia", e que tivo lugar o venres 7 na Calixtina.

Máis información no blog da Biblioteca.

Posteriormente esta sesión de lectura poética foi gravada na radio e será emitida o vindeiro xoves 20 de novembro. Adiantamos en primicia esa gravación que ti xa podes escoitar dende a nosa páxina web:

Recital "Poesía e Ciencia"

"Ponte... nas Ondas" premio Ondas 2014

O noso instituto leva participando moitos anos no proxecto educativo de radio escolar "Ponte nas Ondas"  que vén de ser galardoado co máis prestixioso galardón do mundo da radio en España. Un premio "Ondas" na categoría de "mellor cobertura informativa". Estes premios que concede a cadena Ser serán entregados o vindeiro martes 25 de novembro e Barcelona, e alí teremos algún representante do noso instituto.

Parabéns a todo o alumnado que ao longo de tantos anos participástedes en Ponte nas Ondas, tanto dende o colexio Altamira como nos últimos anos dende o IES Pedras Rubias. O premio é voso.

A finais do curso pasado houbo unha exposición no noso centro lembrando todo ese traballo. Podes facer unha visita virtual desa exposion no seguinte enlace: PNO

"Ponte... nas Ondas" premio Ondas 2014

Tamén len... en outubro con Montse

Coa presenza de moito público, a Biblioteca Calixtina acolleu hoxe a 1ª sesión do Tamén Len da tempada. Para a ocasión tivemos o pracer de contar con Montse Vaqueiro, actual directora do CEIP Altamira de Salceda e compartir o libro da súa elección titulado "Volví para mostrarte que podía volar", de Robin Klein, Anaya 1998. Conta a historia dun adolescente solitario e a súa amizade cunha moza maior ca el, de 20 anos, coa que se relacionará de igual a igual, e o proceso de desintoxicación dela. Recoméndao porque é atractivo, revelador, porque demostra que con afán  e con esforzo podemos conseguir todo o que nos propoñamos.

Tamén len... en outubro con Montse

Cartas ao director

No xornal "El Faro de Vigo" de hoxe na sección de Cartas ao director publícase un escrito do alumnado de Agrupamento de Lingua Galega de 2º da ESO sobre a nova lei educativa.

Cabalo de Pedra

Arranca un clube de xadrez no noso instituto... Cabalo de Pedra

Apúntate!

Cabalo de Pedra

Espectáculo de ciencia: A ciencia dos superheroes

O 14 de outubro algúns alumnos/as de cuarto da ESO participaron nesta actividade na Fundación Barrié de Vigo.

Os superheroes son personaxes case que mitolóxicos que se converteron en iconas da nosa sociedade. Existen de todo tipo e os seus poderes son moi diversos, pero, soportan unha análise científica as súas capacidades? 

Mediante proxeccións de fragmentos de filmes e cómics descubriremos os problemas que comportan os superpoderes e por qué non debemos temer moitos dos viláns xurdidos do maxín dos escritores de cómic e os guionistas de cine.

Os poderes dos distintos personaxes permitirannos tratar aspectos da física, química, bioloxía ou matemáticas que habitualmente quedan restrinxidos ás clases da materia. Flash, Superman ou Spiderman ayudarannos no noso percorrido polo engaiolante mundo da ciencia.

De forma complementaria levaremos a cabo experiencias que ilustren as explicacións. Descubriremos a presenza de uranio en obxectos cotiáns, transmitiremos sons a través de voluntarios e comprobaremos a fe na ciencia do público con “arriscadas” experiencias -como rachar ladrillos sobre o seu corpo sen lles provocar danos-, desmontando algúns dos mitos científicos máis habituais entre os estudantes.

 

Espectáculo de ciencia: A ciencia dos superheroes

Powered by Drupal - Design by artinet