2017/18

Obradoiro de música con Pancho Álvarez

O pasado 26 de abril, visitounos Pancho Álvarez, músico  e compositor de O Porriño vinculado á música tradicional. Un privilexio contar coa súa presenza e o seu saber. Gran instrumentista de corda como o violín, a zanfona, a mandolina, o bouzuki,  etc...

Pancho realizou para o alumnado de 4º ESO unha clase maxistral sobre instrumentos medievais, algún vencellados ao Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela e do Pórtico do Paraíso da catedral de Ourense.

Unha Giga ou fídula en oito, unha cítola medieval,  unha arpa,  a fídula do ancián nº 24 do Pórtico da Gloria  ou a giga do rei David da porta de Platerías foron algún dos instrumentos que o alumnado puido tocar e disfrutar do seu son da man deste gran músico. Tamén lles ensinou a zanfona como instrumento descendente do organistrum.

Cantigas do trovador Martín Códax, do rei Afonso X o sabio, da literatura galaico-portuguesa acompañaron ás pezas musicais xunto con unha breve introducción histórica.

Obradoiro de música con Pancho Álvarez

8M

Este 8 de marzo as alumnas e profesoras do IES Pedras Rubias secundaron a folga convocada. Deixámosvos un enlace ao blog de Orientación onde tedes diversas actividades para traballar arredor do Día Internacional da  Muller.

Enlace

8M

GAÑADORES/AS RELATO CURTO FEBREIRO

A piques de celebrar o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, xa temos gañadoras do concurso de relato curto do mes de febreiro.

Entra nos enlaces seguintes para coñecer a oración pola que deben comezar os relatos de marzo.

E lembra que este mes o prazo remata o día 26. 

1º A

1º C

3º A

3º B

3º C

Principal.png

Recital de Poesía polo día de Rosalía de Castro

O venres 23 de febreiro, para festexar o Día de Rosalía de Castro, o alumnado de todos os niveis do IES Pedras Rubias recitou unha ampla escolma de poemas da autora (“Campanas de Bastabales”, “Airiños, airiños, aires” e “Adiós ríos, adiós fontes”...).

O recital iniciouse cun breve repaso pola biografía da nosa poetisa. A continuación, as voces do alumnado estiveron acompañadas da proxección de diapositivas de fondo que incluían os conceptos referidos nos poemas. Finalmente, o poema “Negra sombra”, con acompañamento musical, pechou o acto.

Noraboa a todos e todas e grazas vola vosa colaboración!

Recital de Poesía polo día de Rosalía de Castro

VI certame de RELATO CURTO

Os principais obxectivos deste certame promovido pola FANPA son: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso do galego, facilitar a posibilidade de publicación a novos creadores...

Nesta edición cinco alumnas de 3º de ESO presentaron os seus relatos:

Ariadna Álvarez Ramírez

Elena Canosa Collazo

Noelia González Lourenço

Yashira Álvarez Ramírez

Uxía Valcárcel Burgo

O xurado estará formado por filólogos, escritores, profesores e representantes de Kalandraka e darán a coñecer os 120 finalistas no mes de maio. Nunha segunda fase, o xurado destacará 20 dos relatos finalistas e escollerá entre eles o gañador.

Sorte rapazas!

 VI certame de RELATO CURTO

Leo Arremecaghoná

O xoves 22 de febrero contamos co espectáculo do cantautor punk Leo Arremecaghoná, nome do proxecto musical de Leonardo Fernández Campos, artista polifacético, filólogo e poeta.

No espectáculo o autor caracterizou tres personaxes membros da familia Arremecaghoná. A través das súas voces foinos deleitando con temas reivindicativos co idioma galego e de protesta, pero tamén versionou a Rosalía de Castro, co fin de festexar o Día de Rosalía de Castro.

Principal.png

Entrega de Premios do Concurso Chíos con amor

O venres 16 de febreiro entregáronse durante o recreo na biblioteca os gorentosos premios do concurso Chíos con amor. Noraboa!

 

Entrega de Premios do Concurso Chíos con amor

Día Mundial da Radio

Deixámosvos o programa feito polo alumnado de Ondarraia para o día Mundial da Radio.

Concurso Chío con Amor

Febreiro é o mes da Candeloria,  o mes que preludia a chegada da primavera, mais tamén do tan coñecido San Valentín. É, entón, o mes do amor e, para celebralo, o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou o concurso de mensaxes de amor Chío con amor.

E como cabía esperar, gran parte do alumnado deu renda solta á súa alma poética e creou o seu chío de amor.

Os gañadores/as son:

1º ESO: Brayan Pérez Martínez (de 1º C).

2º ESO: Iván Martínez Lemos (de 2º A).

3º ESO: Ariadna Álvarez Ramírez (de 3º A).

Grazas pola vosa participación e agardámosvos o venres 16 na biblioteca para a entrega de premios.

Feliz Día do Amor!

Principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet